Albert Rivera define agora a violencia de xénero como "violencia entre persoas que se queren". O líder de Ciudadanos escudouse nas parellas homosexuais para, nunha entrevista na SER (minuto 21:50), defender a súa aposta por eliminar o agravante de xénero da lei contra a violencia machista
Fálase
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca levará a cabo este luns un acto reivindicativo polas rúas de Vigo (18 horas, cruce de Vía Norte e Urzaiz), protestando contra PP, PSOE e Ciudadanos por incumprir as cinco grandes demandas das PAH.
Dani de la Torre (director novel), Luís Tosar (actor protagonista) e Jorge Coira (montaxe), finalistas dos Premios Goya por El Desconocido (Vaca Films). Tamén son finalistas na categoría de longametraxe de animación Meñique (Ficción Producciones e ICAIC) Noche ¿de Paz? - Holy Night! (Dygra). Os gañadores e gañadoras coñeceranse o vindeiro 6 de febreiro.
Os machistas tamén votan. O profesor Miguel Lorente analiza as razóns electorais que levan a Ciudadanos a cuestionar o marco legal de loita contra a violencia machista. O ex delegado do Goberno para a Violencia de Xénero debúllao neste artigo en eldiario.es
O embaixador de España na India dimite para "non prexudicar o Goberno en campaña" tras revelarse que actuou como comisionista.
#20D NÓS-Candidatura Galega apela ao sentimento empregando un clip de rock como vídeo central de campaña. Pódelo ver íntegro nesta ligazón
O candidato de Ciudadanos pola Coruña volve admitir que carece de propostas porque agora "non toca". Nunha entrevista con La Opinión Antonio Rodríguez rexeita tirar "un programa de la chistera" e indica que nas xerais "votamos para una política nacional, no para problemas concretos". As propostas, reitera, chegarán despois das eleccións. Trátase do mesmo candidato que rexeita responder preguntas da prensa e que considera "mentiras da vella política" as críticas por non ter propostas.
A maioría dos candidatos galegos ás xerais son descoñecidos para a poboación. Os máis valorados son Miguel Anxo Fernán-Vello, Noa Presas e David Bruzos, segundo unha enquisa de Sondaxe
A Fronte Nacional non chegará ao goberno de ningunha rexión francesa. A retirada de varios candidatos socialistas, que chamaron á votar ás listas do partido de Sarkozy, e o incremento da participación (sete puntos superior á da primeira volta) deixan o partido de Marine Le Pen sen vitorias, a pesar de que hai unha semana fora a forza máis votada en seis territorios.
Remata a xornada na Terceira galega. Lidera o Cerceda, seguido do Barbadás e o Rápido de Bouzas
Deportivo B 2-0 Ordes
Barbadás 0-1 Choco
Barco 2-2 Negreira
Racing Vilalbés 3-1 As Pontes
Cerceda 1-0 Verín
Alondras 0-0 Arousa
Ribadumia 3-0 Silva
Bergantiños 2-0 Galicia Mugardos
Noia 0-3 Boiro
Rápido de Bouzas 0-1 Ribadeo