ÚLTIMA HORA | Falece o músico Fran Pérez, Narf, unha das voces máis destacadas e queridas da música galega, especialmente recoñecido polas súas amplas ligazóns coa lusofonía. Nas últimas semanas tivo que cancelar diversos compromisos profesionais por mor da enfermidade que padecía. Narf compartiu un bo número de creacións con Uxía, das que falaban nesta entrevista.
Fálase
Colombia intervén a filial de Gas Natural Fenosa no país para garantir a enerxía "para familias e industria". Electricaribe pasa por unha grave crise económica. Así o anunciou o ministro de Minas e Enerxía do Estado suramericano.
Viriato solicita a liquidación ao non mercarlle El Corte Inglés, o seu principal cliente, a campaña de primavera-verán. A empresa téxtil, con sede en Ordes, é outra das prexudicadas dunha crise desigual no sector.
CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), así é o nome da integración das principais cooperativas lácteas galegas, cuxos presidentes se reuniron hoxe con Feijóo na Xunta. Os dirixentes de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto presentáronlle a iniciativa ao Goberno galego.
Marta Fernández Currás, ex secretaria de Estado de Orzamentos do Ministerio de Facenda, negocia a súa entrada no sector privado, nun novo caso de porta xiratoria. A ex conselleira de Facenda da Xunta incorporaríase segundo Europa Press á multinacional de auditoría e asesoría Ernst & Young na área de Sector Público
O tren ao porto exterior da Coruña previsto para 2017 non estará rematado, cando menos, ata 2021. Así o revela a propia entidade portuaria, tal e como recolle La Opinión de A Coruña. O pasado setembro o Tribunal de Contas da UE cuestionou os investimentos nos portos exteriores coruñés e ferrolán.
Trump nomea un ultra xefe de gabinete da Casa Branca. Stephen Bannon foi director executivo dunha web de extrema dereita e é acusado de racismo, antisemitismo e sexismo.
Sacristán, secretario xeral do PSOE coruñés, di que Caballero "é unha mala copia de Paco Vázquez" e que "sobra xente" no seu partido. A crise no PSdeG recrúa, tamén en Ourense tras a destitución do voceiro na Deputación, Ignacio Gómez.
Alcoa mellora os resultados de 2015 na primeira sesión da poxa de primas eléctricas. Acada cinco dos seis lotes de enerxía interromplible mellor remuneraod aos que optaba para reducir a súa factura enerxética. Tres para San Cibrao e dous para A Coruña e Avilés.
Audasa obriga a pagar a peaxe a milleiros de condutores tras máis de tres horas de retencións na ponte de Rande. A colisión entre varios camións bloqueou a AP-9.