Barcelona acolle a "manifestación máis grande de Europa" polos refuxiados. Os organizadores falan de medio millón de persoas e a Guárdia Urbana, de 160.000.
Fálase
Vítimas de Angrois piden a Feijóo reunirse con el no día que se volve debater sobre unha comisión de investigación parlamentaria. A plataforma xa solicitara unha xuntanza con Rajoy.
A Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais apoia o autor do cartel do Entroido na Coruña e lembra que a festa "persegue uns valores totalmente contrarios á doutrina católica". Mentres, o PPdeG e a Asociación de Viúvas de Lugo manteñen as súas críticas.
Celébrase arestora en Santiago o pleno extraordinario de orzamentos, que prevén ser aprobados co voto a favor de Compostela Aberta e BNG. Máis información, esta mañá en Praza #Orz17SCQ
Irene Montero substituirá a Íñigo Errejón na portavocía de Podemos no Congreso. O Consello Cidadán deste sábado definirá a nova dirección do partido.
Xulgan un delegado da CIG por "ultraxe á bandeira española". A Fiscalía pide unha multa de case 2.000 euros tras unha protesta durante o conflito da concesionaria de limpeza en dependencias militares en 2014.
VÍDEO | Así 'separou' o temporal as Cíes, co mar pasando por riba da Lagoa dos Nenos e a unión por terra entre dúas das illas. O vídeo foi gravado por persoal do parque natural das Illas Atlánticas.
A sentenza do caso Nóos impón á infanta Cristina un pagamento de 200.000 euros e condena o seu home, Íñaki Urdangarín, a seis anos de cárcere. O ex-ministro Jaume Matas é condenado a 3 anos de cadea. Está a contalo eldiario.es
Fomento ignora un ano máis a demanda de conectar o ferrocarril galego coa rede europea de transporte de mercadorías. Cóntao Faro de Vigo
A Fundación Franco profire ameazas tras aprobar o Congreso investigar o seu financiamento. O colectivo que enxalza a figura do ditador advirte o deputado de En Marea Antón Gómez-Reino, autor da proposta, de que "se hai que volver pasar, pasaremos".