VÍDEO | Casado (PP) advirte a Puigdemont de que "pode acabar" como Lluís Companys se declara a independencia catalá. O histórico presidente da Generalitat proclamou o Estado catalán en 1934 e foi detido por facelo. En 1940 foi prendido pola GESTAPO en Francia e trasladado a España para poñelo á disposición da ditadura, que o fusilou. O dirixente popular viuse obrigado a matizar que se refire á detención e non ao fusilamento.
Fálase
A Xunta distribúe 325.000 euros entre empresas editoras de xornais impresos para o "fomento da lectura da prensa escrita" en colexios e institutos. As achegas realizáronse mediante convenios asinados a comezos de ano, implican repartos destes diarios en centros educativos e, nalgúns dos casos, tamén a publicacións de contidos específicos.
A Fiscalía Anticorrupción mantén a petición de condenas para o PP e a ex-ministra Ana Mato por lucrarse coa trama Gürtel. No seu escrito final de conclusións segue a pedir 125 anos de cadea para o presunto líder da rede corrupta, Francisco Correa, e rebaixa levemente a petición para Luis Bárcenas ata os 39 anos. Está a contalo eldiario.es
Sáenz de Santamaría suxire que se aplicará o artigo 155 se Puigdemont declara a independencia mañá. Asegurouno nunha entrevista na Cadena COPE.
Os estaleiros de Navantia, paralizados de novo pola folga das auxiliares. É a tercera xornada do paro convocado pola CIG, que reclama o cumprimento dos acordos salariais de 2001.
A Fiscalía afirma que os responsables do edificio Conde de Fenosa da Coruña puideron ser inhabilitados, pero ten que arquivar unha denuncia ao respecto porque os feitos xa prescribiron. Cóntao La Opinión
Juan Díaz Villoslada felicita a Gonzalo Caballero e á militancia do PSdeG tras perder nas primarias deste domingo.
ÚLTIMA HORA | Gonzalo Caballero imponse a Juan Díaz Villoslada nas primarias para elixir o novo secretario xeral do PSdeG. Máis información aquí.
Monforte sae á rúa en contra da supresión da área sanitaria do sur de Lugo. Centos de persoas protestan contra a nova Lei de Saúde da Xunta. (Foto: En Marea)
Milleiros de persoas reclaman en Barcelona a unidade de España. A manifestación, convocada por Sociedad Civil Catalana, conta co respaldo de PP e Ciudadanos.