O PP de Pontevedra erixe as achegas de ENCE a clubs deportivos en "exemplo do bo facer da Xunta de Núñez Feijóo". Pontevedra Viva recolle as declaracións do líder dos populares pontevedreses, Jacobo Moreira, que anteriormente xa cualificara como "fomento do odio" a oposición do Concello á permanencia da pasteira na ría.
Fálase
O inverno que hoxe remata tivo precipitacións un 19% por riba do habitual nas últimas décadas, especialmente no sur da provincia de Pontevedra, onde se recolleron máis de 1.200 litros por metro cadrado (pola contra, Valdeorras ou Verín ficaron en 200). Foi tamén un inverno algo máis frío do normal, sobre todo o mes de febreiro, coas temperaturas máis baixas dos últimos 12 anos. Todos os datos no informe presentado por Meteogalicia esta mañá.
O novo candidato de JxCAT á investidura será Jordi Turull, segundo vén de anunciar a ex-consellera de Agricultura Meritxell Serret (ERC) en TV3.
O ex-presidente francés Nicolas Sarkozy, baixo custodia policial por suposto financiamento ilegal da súa campaña en 2007. Está a contalo eldiario.es
Suspendido o xuízo a Emilio Cao pola incomparecencia de dous axentes de policía que debían declarar. O mozo galego ía ser xulgado tras ser detido nunha mobilización das Marchas da Dignidade hai catro anos. Toda a información, hoxe en Praza.gal.
Cocentración para pedir a absolución de Emilio Cao en Madrid, onde hoxe se celebra o xuízo polo que pode ser condenado a entre 5 e 8 anos de prisión.
Este luns volve a negociación entre Xunta e persoal de xustiza tras máis dun mes de folga. A pasada semana o comité de folga advertiu do mantemento das súas reivindicacións e o vicepresidente Rueda instou a non formular peticións "inasumibles". O presidente Feijóo, pola súa banda, tentou enfrontar o persoal mobilizado cos pensionistas que reclaman un incremento das súas prestacións por xubilación.
O Constitucional avalará este martes as subvencións aos colexios que segregan o alumnado por sexo ou o incremento de rango da materia de Relixión. Segundo adianta a SER, a maioría conservadora vai tombar o recurso do PSOE á aínda vixente 'Lei Wert'
Putin obtén unha esmagadora vitoria nas eleccións presidenciais rusas con arredor do 70% dos votos, segundo as sondaxes tras o peche dos colexios electorais
Suspendidas novamente declaracións de testemuñas do accidente de Angrois previstas para este luns por mor da folga da Xustiza. A causa acumula xa seis imputados de Adif, Renfe e Ineco ademais do maquinista, un deles aínda pendente de declarar. Tamén se está á espera dun informe clave da Axencia Ferroviaria Europea que se vén amosando crítica co goberno de España.