O rapeiro Valtonyc marcha a Bélxica para evitar a súa entrada en prisión, segundo informa a TV3.
Fálase
En liberdade condicional os directivos de Banesco, grupo propietario de Abanca, que foran detidos en Venezuela. O fiscal xeral do país, Tarek Saab, anunciou a excarceración das persoas detidas o pasado 3 de maio.
Cando menos unha persoa falecida e varias feridas no estoupido dunha pirotecnia en Tui. Os equipos de emerxencia están a actuar no lugar, segundo informa Faro de Vigo. Bombeiros dos parques de Vilagarcía, O Porriño e O Morrazo traballan no incendio provocado pola explosión. Segue aquí a información do acontecido
O PNV votará a prol dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 no pleno que se está a celebrar no Congreso. A formación vasca vén de anuncialo nun comunicado no que di considerar a decisión como "a forma máis eficaz de contribuír ao levantamento do artigo 155 en Catalunya", o cal ven "inminente".
Netflix anuncia que o filme sobre Marcela e Elisa estrearase "proximamente". A súa directora, Isabel Coixet, explica nun vídeo a historia das dúas mulleres que formaron o primeiro matrimonio homosexual no Estado.
A Fiscalía de Pontevedra abre dilixencias civís "polo deficiente funcionamento da AP-9" na Ponte de Rande. O Ministerio Público vén de anuncialo. Máis información, hoxe en Praza.gal
A policía local da Coruña entrou esta noite na Comandancia de Obras para desaloxar o centro okupa A Insumisa. Ninguén estaba no interior e os seus inquilinos, cuxas pertenzas aínda están dentro, comezaron a chegar esta mañá ao inmoble. Máis información, hoxe en Praza.
Albert Rivera publica o que, ao seu xuízo, é a diferenza entre "nacionalismo e patriotismo" e mais "indecencia e decencia". Faino con senllas imaxes dunha mobilización soberanista catalá e do cemiterio militar estadounidense de Arlington, coas que responde ás críticas recibidas polo marcado ton nacionalista español do mitin celebrado por Ciudadanos a pasada fin de semana en Madrid.
Morre aos 85 anos Philip Roth, eterno candidato ao Nobel, gañador do Pulitzer en 1998 por American Pastoral e do Príncipe de Asturias das Letras en 2012. Foi un dos máis importantes autores estadounidenses da segunda metade do século XX. Entre as súas obras máis coñecidas figura tamén O lamento de Portnoy.
A xustiza alemá volve rexeitar o delito de rebelión para Carles Puigdemont. O tribunal de Schleswig-Holstein rexeita o encarceramento do ex-presidente catalán, pedido pola Fiscalía, e avaliará agora a solicitude de que sexa entregado a España.