A xuíza deixa en liberdade a Trapero contra o criterio da Fiscalía, que pide cadea provisional para o líder da ANC. O xefe dos Mossos terá que comparecer cada dúas semanas no xulgado e fóiselle retirado o pasaporte.
Fálase
Non hai de momento ningunha persoa detida pola vaga de incendios. Mentres dende o Goberno galego se apunta ao "terrorismo incendiario" fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirman que non se produciu ningunha detención e dende o Ministerio do Interior especifícase que durante a noite do domingo foron interrogadas dúas persoas pola súa presunta relación cos incendios, pero ficaron en liberdade. (Imaxe: A Brif Laza, este mediodía en Parada de Sil).
O Sergas recomenda non saír á rúa en Ourense a persoas "con enfermidades respiratorias e cardíacas" por mor do fume dos incendios
Facebook vén de habilitar unha páxina de resposta a crises dedicada aos incendios que afectan á área de Vigo. A web, semellante á utilizada en atentados terroristas e catástrofes naturais, permite que as persoas confirmen que se atopan ben e tamén ofrecer ou solicitar axuda
Rajoy anuncia que se despraza a Galicia por mor dos incendios e apela á "coordinación leal para vencer o lume"
O risco de incendios forestais é este luns alto na maior parte do territorio de Galicia; no interior de Ourense mantense moi alto ou extremo.
O fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, insta a "agardar" para dicir se todos os incendios "son intencionados ou non" todos os incendios que atinxen a Galicia. En declaracións á SER insta a non "especular" ante as "hipóteses" lanzadas polo Goberno galego.
A Xunta confirma unha terceira morte polos incendios, en Carballeda de Avia, avanza Europa Press na súa web.
Comezan a caer unhas primeiras pingueiras de chuvia en Baiona, aínda con 24 graos centígrados pasadas as dúas da madrugada e cos incendios controlados pero aínda preto das casas.
Os incendios seguen a provocar cortes de tráfico e dificultades para circular por numerosos puntos da rede viaria. Nesta ligazón, a información ao vivo.