A candidatura Entre Todas mantén a súa participación nas eleccións internas de En Marea, que segundo o novo calendario se van desenvolver dende mañá, día 22, e ata o luns e pide "restituír a limpeza das regras do xogo". En declaracións á Cadena SER, David Bruzos manifestou "dúbidas" sobre o proceso porque a empresa que ía auditar o proceso finalmente non o fará. Esquerda Unida, pola contra, sinala nun comunicado que segue "considerando que non se dan as condicións democráticas para votar".
