Os restos de Manuela Teiga, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino e José María Castelo Mosquera foron entregados este sábado ás súas familias en Val do Dubra. Asasinados en 1949 pola Garda Civil, foron exhumados hai dous anos pola ARMH. A entidade recuperou 53 cadáveres en Galicia dende o ano 2000.
Fálase
O xuíz dá por finalizada a liquidación de Factoría Naval de Marín, que chegou a ser o meirande estaleiro da ría de Pontevedra e no que a Xunta deixou 15 millóns de euros.
Globalvia -controlada por fondos de pensións de Canadá, Holanda e Reino Unido- adquire o 55,6% de Itínere, propietaria de Audasa, que xestiona as autoestradas galegas AP9, AG-57, AG-55 e AP-53. A operación pechouse por 723 millóns de euros, co acordo de Sacyr, Kutxabank e Abanca.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, afirma que Elnosa non pechará ata que se resolva o seu expediente de caducidade. Este 29 de xullo caduca a actual concesión da planta para operar en Lourizán. Porén, o Estado ten de prazo ata outubro para decidir sobre a súa prórroga.
"Castelao inventou os memes e, se me apuras, o xeito de comunicar nas redes sociais". É o que defende o youtubeiro Aquel-e neste vídeo.
Juana Rivas, condenada a cinco anos de cadea e seis sen a patria potestade dos fillos por non entregalos ao seu ex-marido, condenado por lesións contra ela en 2009. Colectivos feministas amosan o seu rexeitamento da sentenza, que Rivas recorrerá, e chaman á mobilización Cóntao eldiario.es
O Congreso elixe a xornalista Rosa María Mateo como administradora única provisional de RTVE. Dirixirá a corporación dos medios públicos estatais ata que conclúa o concurso público do que sairá a dirección definitiva.
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra festexa este domingo a fin da concesión de Elnosa como "o principio dun futuro verde" que, din, debe pasar tamén polo peche de ENCE.
Unidos Podemos e ERC absteranse na votación do teito de gasto formulado polo Goberno de Pedro Sánchez, o que implica que non sairá adiante e continuará en vigor a senda orzamentaria trazada polo anterior Goberno do PP.
A deputada compostelá Marta González será a nova vicesecretaria de Comunicación do PP. Ocupa o cargo no novo comité de dirección do novo presidente dos populares, Pablo Casado, que prescinde do galego José Manuel Barreiro como portavoz no Senado.