A Xunta nomea a Mariano Rajoy embaixador de honra do Camiño de Santiago. Únese así ao rei Felipe VI e a Vicente del Bosque. O Goberno galego destaca o "apoio constante" do actual presidente do Goberno central á ruta xacobea.
Fálase
A Xunta di que "freou" a caída no uso do galego, malia os malos datos do IGE. A oposición acusa o Goberno de querer a desaparición da lingua propia.
Mariano Rajoy afirma que 2015 será o ano do "despegue económico" e confirma que será candidato á reelección e que non pensa nun adianto dos comicios. O presidente do Goberno négase a responder sobre a situación procesal da infanta Cristina
O Concello da Coruña ten que acollerse ao rescate de Facenda por incumprir o pagamento a provedores. Quedará así sometido ao control do Goberno central.
Vilaweb recolle a estrea da selección galega de fútbol gaélico no Mundial e destaca o recoñecemento internacional do primeiro equipo nacional deportivo de Galicia.
Podemos sería segunda forza en Euskadi, a menos dun punto do PNV en intención directa de voto, segundo o Euskobarómetro. Bildu sería a terceira formación máis votada e PP e PSOE perderían boa parte do seu apoio.
Nas eleccións municipais de maio 21 concellos galegos elixirán menos edís por mor do seu descenso poboacional. Só crecen catro.
CGT convoca unha folga en Renfe este venres. Os paros afectarán en Galicia sobre todo aos servizos de media distancia, cancelándose dez trens en Vigo e sete na Coruña
El Diario analiza nunha reportaxe o crecemento en Grecia das iniciativas de autoxestión, a economía cooperativa e as redes de solidariedade
Este luns ábrese o prazo para votar os consellos cidadáns e secretarios xerais locais de Podemos. As persoas inscritas na formación poderán votar a través da web ata o día 30. E o día 2 anunciaranse os resultados.