O Concello da Coruña ten que acollerse ao rescate de Facenda por incumprir o pagamento a provedores. Quedará así sometido ao control do Goberno central.
Fálase
Vilaweb recolle a estrea da selección galega de fútbol gaélico no Mundial e destaca o recoñecemento internacional do primeiro equipo nacional deportivo de Galicia.
Podemos sería segunda forza en Euskadi, a menos dun punto do PNV en intención directa de voto, segundo o Euskobarómetro. Bildu sería a terceira formación máis votada e PP e PSOE perderían boa parte do seu apoio.
Nas eleccións municipais de maio 21 concellos galegos elixirán menos edís por mor do seu descenso poboacional. Só crecen catro.
CGT convoca unha folga en Renfe este venres. Os paros afectarán en Galicia sobre todo aos servizos de media distancia, cancelándose dez trens en Vigo e sete na Coruña
El Diario analiza nunha reportaxe o crecemento en Grecia das iniciativas de autoxestión, a economía cooperativa e as redes de solidariedade
Este luns ábrese o prazo para votar os consellos cidadáns e secretarios xerais locais de Podemos. As persoas inscritas na formación poderán votar a través da web ata o día 30. E o día 2 anunciaranse os resultados.
Este 25 de nadal Praza non se actualizará por descanso do persoal. Pasádeo ben!
Podemos convida a compartir en Twitter os comentarios que xurdan sobre a formación durante as ceas de Noiteboa
Cáritas reproba o panfleto editado polos responsables do seu roupeiro na Coruña no que se informaba dunha quenda para "xitanos" e outra, para "persoas en xeral".