Alerta amarela por temperaturas por riba dos 36º ao longo do Miño, no interior da Coruña, no sur de Lugo e Valdeorras.
Fálase
O legado do PP en RTVE: afundimento da audiencia, censura e medo a un novo ERE. Porén, o presidente Rajoy di que lle gustaría que o ente público fose como a BBC.
O PSOE de Pontevedra recorre a lista provincial ao 25-S na que Ferraz introduciu cambios. Caballero considera un ataque a Vigo as modificacións, que introducen a afíns a Leiceaga, entre eles o seu sobriño.
Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso de persoal. Volvemos o luns!
A Xunta cifra en 9.000 as hectáreas queimadas en Galicia polos incendios. Anuncia que hai 41 detidos.
Ciudadanos asume que o seu pacto co PP é menos ambicioso que o de Rivera e Sánchez. Hernando e Girauta asinan as seis condicións que a formación laranxa esixe aos populares para empezar a negociar.
En Marea fará públicos ás 17.30 os resultados provisionais das primarias. Podemos asegura que foron uns 5.000 os inscritos da formación que participaron no proceso da confluencia.
As habitacións dobres do novo hospital de Vigo levaban un ano sen separación entre camas. O Sergas vén de instalar agora estores.
O xornalismo despide a Ana Viqueira, falecida este xoves en Santiago.
O gasto educativo no Estado baixa o 18% durante a crise mentres os alumnos soben o 6%. España destina ao ensino o 4,3% do PIB, lonxe do 6% recomendado pola Unesco.