En Marea e PSdeG confirman que se reunirán co BNG para tecer a "fronte común" pola transferencia da AP-9, segundo confirman fontes parlamentarias a Praza.gal Descoñécese polo momento se o PP estará na xuntanza proposta por Pontón, á que acudirán Villares e Leiceaga. O traspaso da autoestrada figurou no programa de todas as forzas parlamentarias e o Goberno de Rajoy tenta bloquealo baseándose en cálculos erróneos sobre un eventual rescate.
Fálase
Este mediodía celébrase na Coruña a manifestación por unha lei galega de identidade de xénero. A convocatoria impúlsana seis entidades de defensa dos dereitos LGTBI e apóiana diversas organizacións políticas e sociais.
Seguen as listas de espera en farmacias galegas para adquirir a vacina da meninxite B para a infancia. Cóntao Faro de Vigo
O PSOE celebra o comité federal no que, previsiblemente, darán luz verde á abstención que permitirá un novo goberno de Rajoy
Persoas imputadas na 'operación Jaro' denuncian padeceren unha "indefensión xurídica absoluta" e advirten de "vulneracións na cadea de custodia" das probas do proceso, que derivou na ilegalización de Causa Galiza. Afirmárono nunha rolda de prensa que recolle Europa Press
O alcalde de Katowice (Polonia) recolle en Santiago o testemuño da organización do Womex, que se celebrará alí en 2017. A feira de músicas do mundo conclúe esta fin de semana na capital galega.
O festival Amal entregará a súa recadación ás familias refuxiadas acollidas en Sarria. O acto celebrarase na sesión inaugural do festival de cinema euro-árabe, o vindeiro luns.
O Ministerio de Defensa desclasifica expedientes de catro avistamentos ovni en Galicia entre os anos 60 e 90 do século pasado. Cóntao a axencia Europa Press na súa web.
O fracaso nas negociacións do tratado de comercio con Canadá obriga a UE a reformular a súa política comercial. O CETA foi vetado polo Parlamento de Valonia
Un ataque informático masivo provocou este venres a caída de webs como Twitter, Netflix, Spotify ou SoundCloud. Trátouse dun ataque DDOS, consistente en peticións masivas de carga ata que os servidores caen. Hipertextual detalla neste artigo como se desenvolveu e as súas consecuencias.