As mareas ofrecen a Podemos unha coalición con entidade propia en Galicia e posibilidade de grupo propio. Anova ou EU non aceptarían federarse á formación de Pablo Iglesias, segundo conta Faro de Vigo.
Fálase
O Goberno central puido evitar a entrada en prisión de Josefa Hernández. O Ministerio de Xustiza recibiu a petición de indulto o 2 de xullo e non chegou a tempo para levalo ao Consello de Ministros, que o día 10 sacou da cadea catro persoas con delitos máis graves.
A Xunta esixe aos concellos que elimine trece vertidos contaminantes á ría do Burgo. Os municipios aseguran que xa cumpriron ou están solucionando os focos.
eldiario.es visita Heidenau, unha das localidades de Alemaña nas que se están a multiplicar os ataques de neonazis a persoas refuxiadas. "Pensaba que deixara atrás a guerra", di unha destas persoas.
Chévere regresa este mércores a Compostela coa Ultranoite no país dos soviets. Inicialmente previsto na Praza da Quintana, o espectáculo foi trasladado ao Auditorio de Galicia por mor da chuvia. Un adianto da Ultranoite, no Diario Cultural da Radio Galega
A Deputación de Pontevedra súmase por primeira vez ao rexeitamento á permanencia de ENCE na ría. A institución provincial súmase á posición do Concello pontevedrés tras unha conversa entre a nova presidenta, Carmela Silva, e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Recólleo Pontevedra Viva
O persoal do grupo La Capital convoca folga indefinida en resposta aos despedimentos no Diario de Ferrol. Recólleo Ferrol 360
Os lumes forestais queimaron xa un 60% máis có ano pasado no Estado. As lapas arrasaron case 66.000 hectáreas, cifra que supera o queimado en 2013 e en 2014.
Alcoa advirte do risco de peche das plantas galegas aínda cunha boa poxa eléctrica. O aumento das exportacións desde China afunde o prezo do aluminio.
A pensión do 81% dos galegos é inferior ao salario mínimo. Os ingresos non chegan aos 593 euros ao mes, case 100 menos que a media estatal.