Aumentan as voces críticas no PSOE despois dos malos resultados electorais no 21-O. Eduardo Madina pide unha "lectura de fondo" dos datos e López Aguilar cre que os españoles xa non recoñecen o PSOE como alternativa.
Fálase
A conta de Beiras en twitter: @xmBEIRAS sumou máis de dous mil seguidores ao longo da noite electoral e supera xa os dez mil. Ao longo da campaña converteuse no candidato máis popular nesta rede social.
A UCI quítalle os sete Tours a Armstrong, a quen sanciona de por vida polas súas prácticas de dopaxe.
Propoñen un tratado de paz entre os seguidores de Apple e de Samsung no que se aposta porque a competencia é positiva para todos
Rabat, unha road movie que conta unha viaxe en taxi de Amsterdam á capital marroqui, foi a gañadora do festival de cinema euroárabe Amal. Ao redor de sete mil persoas pasaron polo evento compostelán.
A UE eleva ao 9,4% o déficit de España en 2011 polas axudas á banca e as facturas impagadas. Revisa á alza o dato inicial, que era do 8,5%, tras contabilizar as axudas a Novagalicia Banco, Catalunya Caixa e Unnim.
As portadas da prensa impresa salientan que a vitoria de Feijoo lle dá "alento" a Rajoy: "Feijoo salva a Rajoy" (El Mundo), "Aval absoluto a Rajoy" (La Razón), "Galicia rescata a Rajoy" (La Vanguardia) ou "Aire para Rajoy" (El Periódico).
Isaac Rosa analiza en Entre el miedo y la rabia os resultados electorais de Galicia e Euskadi: "En tempo de crise o voto está dominado polo medo ou pola rabia; o medo do que busca algo firme en medio da tormenta; e a rabia do que sopra máis forte para que o vendaval termine de levalo todo".
Rajoy recortará nas administracións locais despois da vitoria do PP en Galicia, segundo El Economista. O Goberno comezará pola supresión das mancomunidades.
Xoán Bascuas afirmou que estas eleccións lle serviron a CxG para "darse a coñecer" e di que Compromiso obtivo "bos resultados" naqueles lugares nos que a formacions está asentada.