A fiscalía considera que Cristina Cifuentes usou a "liberdade de expresión" cando chamou "filoetarra" a Ada Colau. O xuízo quedou listo para sentenza.
Fálase
A Xunta evita poñerlles data a novas fusións municipais, pois ve o proceso "lento". Rueda recoñece que chocan coa oposición dos alcaldes
Artur Mas critica o Tribunal Constitucional e a Rajoy pola súa acción "supersónica". O TC asegura que acelerou a súa resposta pola "trascendencia constitucional e política" do reto
O Tribunal Constitucional suspende por unanimidade a consulta catalá. Admite o recurso do Goberno e terá cinco meses para decidir se a mantén interrompida. A ANC, CUP ou ERC mobilizaranse nas vindeiras horas contra a suspensión.
O recibo da luz subiu un 11% no terceiro trimestre. O de setembro foi o prezo máis alto dos últimos dez meses. Recólleo El Diario
Rajoy anuncia o recurso contra a consulta catalá por "antidemocrática" e acusa a Mas de chegar a "un punto de non retorno".
Un informe da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre a economía española recomenda o incremento dos salarios, en paralelo coa mellora da produtividade que se vén rexistrando nos últimos anos. De igual xeito, os economistas Albino Prada e Manuel Lago recomendaron este luns que os soldos crezan entre un 1% e un 1,5% para favorecer a recuperación da demanda interna e sentar as bases dun "modelo equilibrado" de crecemento.
A Deputación de Lugo devolveralle ao seu persoal a paga extra de 2012 na nómina de outubro
A Xunta adxudica por 320.000 euros a segunda edición da súa campaña para animar a ter fillos. En 2013 o país tivo o peor saldo vexetativo de todo o Estado e acumula tres décadas con máis mortes que nacementos.
Tres mozos denunciados por pintar un mural de homenaxe a Pedro Galán na Coruña, segundo denuncia Galiza Nova. A policía local impediu que se rematase a pintura que homenaxeaba o que fora secretario de organización das Mocidades Galeguistas da Coruña.