Feijóo asegura que a denuncia polas dúas mortes nas Urxencias do Clínico é "unha canallada e unha acusación falsa" e di que ten motivacións políticas. Asegúrao nunha entrevista no Faro de Vigo, que inicialmente, por un erro de transcrición, cualificaba de "carallada" o traslado á Fiscalía dos falecementos en palabras do presidente da Xunta.
Fálase
En Marea constitúe a súa coordinadora só con afíns a Luís Villares, que pide "lealdade" e "responsabilidades" aos críticos ausentes
Feijóo reivindica o PP "das maiorías" eo "modelo" da Xunta fronte ao "fracaso" de Pedro Sánchez durante a presentación dos candidatos das sete cidades de cara ás eleccións municipais.
O BNG reivindica a vixencia de Castelao na súa homenaxe ao politico rianxeiro polo seu 69º cabodano e denuncia o "cínico exercicio de postverdade" de quen manipula o seu legado e ataca o nacionalismo.
Activistas intentan obstaculizar o campionato de caza do raposo que se está a celebrar en Cerdedo-Cotobade, un torneo apoiado pola Xunta, duramente criticada por colectivos animalistas, ecoloxistas e oposición. A colaboración do Goberno galego incumpre un acordo parlamentario secundado polo PP.
Persoal de Alcoa maniféstase a esta hora en Avilés. Operarios asturianos e galegos protestan contra a última oferta da multinacional nunha mobilización que o domingo terá lugar na Coruña.
Pablo Casado reitera a súa oposición á oficialidade da lingua asturiana e ridiculiza o movemento que a defende afirmando nun mitin en Oviedo que "os nenos asturianos" non poden "estar estudando só os hórreos ou os frixuelos -prato asturiano semellante ás filloas ou freixós-". O movemento pola oficialidade do asturiano medrou notablemente nos últimos anos.
A Xunta entrega no mosteiro de Montederramo os Premios da Cultura galega a Xosé María Álvarez Cáccamo (Letras), Luz Darriba (Artes Plásticas), Festival Internacional Outono de Teatro (Artes Escénicas), Festival de Cans (Audiovisual), A Roda (Música), Antón Santamarina (Lingua), O Sorriso de Daniel (Patrimonio Cultural) e Ramón Villares (Proxección Exterior).
Persoal da CRTVG celebra o #VenresNegro34CRTVG por uns medios públicos "sen ataduras, ambiciosos, profesionais, modernos, atrevidos, cunha axenda informativa diferenciada e á vangarda, sen represalias e nos que non sobra nin falta ninguén".
O BBVA mercou a un ex-comisario encarcerado por presunta corrupción gravacións de conversas entre a ex-vicepresidenta De la Vega e o ex-ministro Miguel Sebastián. É unha información de El Confidencial