O PP impide que o Parlamento reprobe o Goberno central pola sanción a Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a desafiuzar unha anciá na Coruña. Os populares, representados polo deputado Gonzalo Trenor, argumentan que está "acreditado" que o bombeiro alterou a orde pública e equipara o seu papel ao dos antidisturbios que actuaron nese desafiuzamento. "O único que non cumpriu co seu deber é esta persoa", reprocha o conservador.
Fálase
Este serán celébranse mobilizacións contra a violencia machista nas principais cidades do país
A vicevoceira do PP no Parlamento, Marta Rodríguez, acusa a deputada do BNG Tereixa Paz de "imputarlles un delito" a alcaldes do PP por lembrar que en 2006 os populares instaron os seus rexedores a dificultar a constitución das brigadas contra incendios. Ese intento de boicot organizouse a través dunha circular enviada pola daquela responsable de organización do PP coruñés, María Faraldo.
Agustín Hernández confirma que a profesora Maite Cancelo será a substituta de Ángel Currás no Concello de Santiago. No goberno compostelán xa só fica unha edil que saíu elixida nos comicios de 2011.
O pleno da Deputación de Lugo aproba os seus primeiros orzamentos participativos. Nas achegas veciñais participaron unhas 55.000 persoas, destaca a institución lucense.
O Parlamento apoia por unanimidade a reclamación dun Estado palestino.
Falece o fiscal xefe de Lugo, Juan José Begué, segundo confirman fontes xudiciais. Foi atopado sen vida na súa casa.
A policía chega ao Ofimático da Coruña para desaloxar unha familia da súa casa, segundo advirte Stop Desafiuzamentos. Máis información, hoxe en Praza.
Economistas frente a la crisis recupera unha análise crítica coa reforma do artigo 135 da Constitución, cualificada de "excesiva, innecesaria, inconsistente" e que "limita en boa medida as posibilidades de construír unha política económica diferente nun estado descentralizado como España"
Martiño Noriega reflexiona en Público sobre os procesos de confluencia de forzas de esquerda e movementos sociais, os seus obstáculos e a súa necesidade. Sinala que "as municipais son un dos primeiros lugares de ensaio desta imprescindible cohabitación"