Voltar

Mundo

  • China-Filipinas. Ás portas da guerra?

    A comezos de abril un barco de guerra filipino intentou arrestar un grupo de pescadores chineses que fanaban preto dun territorio, as illas Huangyan, que ambos países reclaman como seu. A controversia por esta diminuta illa situada no Mar de China meridional foise agravando co paso das semanas dando orixe ao enfrontamento máis serio entre China e Filipinas en anos recentes. As augas do Mar de China meridional contan con entre 23.000 e 30.000 toneladas de reservas de cru e 16 billóns de metros cúbicos de gas natural. Velaí a razón última do litixio e a maior dificultade para atopar unha solución diplomática que satisfaga a ambas partes. Unha análise do IGADI

  • Os Balcáns, 20 anos despois: Kosovo

    Vinte anos despois do inicio da guerra dos Balcáns, Kosovo é a rexión onde o conflito continúa máis vivo. A historia de Kosova é tan complexa coma o seu propio presente. Javier López Prol amósanos a ségunda parte da súa reportaxe a vida actual da rexión, que se pode ver online e que terá unha edición física nos vindeiros meses. Galería de imaxes no interior.

  • O Centro Galego de Bos Aires e a sanidade arxentina

    A Xunta fará ou non a análise de todo o sucedido, pero o prexuízo causado ao Centro Galego de Bos Aires requirirá anos de esforzo para recompor a súa imaxe ante unha opinión pública que o vise actuar como mostra emblemática da capacidade creadora e o tesón da emigración galega. Unha crónica de Cadernos de Comunicación e Análise

  • Israel acode ao rescate de Sudán do Sur

    Varios emisarios provenientes de Sudán do Sur chegaron discretamente hai apenas uns días a Xerusalén para entrevistarse con membros do executivo hebreo e solicitar a súa axuda militar. E é que Sudán do Sur,  independente desde xullo de 2011, mantén un enfrontamento armado contra Sudán polo control de varias provincias fronteirizas entre ambos os países especialmente ricas en hidrocarburos.

  • Endesa-Enel: Exportando represión e pobreza no Quimbo

    En 2011 Emgesa (filial de ENDESA) iniciou a construción da central hidroelétrica do Quimbo, no departamento de Huila, Colombia. Toda a rexión se está a ver afectada xa na súa actividade produtiva, baseada na pesca e no agro, polo asulagamento de 2.000 hectáreas de cultivos. Ao grave impacto económico, social e cultural súmaselle o impacto ambiental, como o é a inundación de 8.550 hectáreas da Reserva Forestal Protexida da Amazonía.