Voltar

Mundo

  • Islandia: outra saída da crise

    Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive Islandia a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional.

  • O indomable Dominique

    De sedutor, flamante presidente do Fondo Monetario Internacional (FMI) e candidato socialista á presidencia da República francesa, Dominique Strauss Khan pasou en cuestión de meses a un asiduo das bancadas xudiciais. A última visita, este mesmo luns, acusado de pertencer a unha banda organizada de proxenitismo no chamando Caso Carlton, unha banda que, segundo a xustiza norteamericana, traficaba con mulleres (“chicas”, no argot de Strauss-Kahn) para clubes de prostitución en varias cidades do mundo, entre elas Madrid.

  • África: Crise alimentaria e acaparamento de terras

    Arredalia, o boletín de antigos alumnos en prácticas do IGADI, dedica un monográfico á Crise en África, analizando aspectos como o fame e a emerxencia humanitaria no continente africano, China e a seguridade alimentaria, os efectos da intervención estadounidense, o acaparamento de terras, as leccións das revolucións no Magreb e o protagonismo da muller nos avances da pacificación en Ruanda.

  • Libia: A Cirenaica desafía a autoridade do CNT

    Os problemas non deixan de acumularse para o Consello Nacional de Transición (CNT) libio, que dista de ser considerado unanimemente a lexítima nova autoridade do país. Ás dificultades para pacificar o territorio inmediatamente despois da finalización do conflito armado, agora é a rexión da Cirenaica, no leste do territorio, a que se erixiu en rebeldía contra o novo poder, autoproclamando a súa semiautonomía. Esta resolución tomouse en Benghazi, no marco do Congreso do Pobo da Cirenaica, movemento que encabeza o case octoxenario Ahmed Zoubaïr o-Senoussi, emparentado co rei Idriss o-Senoussi, derrocado por Muamar Gadafi en 1969.

  • “Escoito moitas veces que o día que as mulleres cheguen ao poder, acaban os homes”

    María Rosario López Juárez fala mam, un dos 25 idiomas que cohabitan, en desigual situación, dentro de Guatemala. En lingua mam pequeno dise nunch, rabia tx’u’j, queixo é kyes, e q’anlob’aj significa "mamón". Recolle o cabelo coa diadema tradicional da súa estirpe maia, rematada en borlas shoap, e se dirixe con paciente didactismo ao pequeno auditorio dunha xornada organizada por Panxea-Comercio Xusto e Sodepaz na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.