Voltar

Mundo

  • Anacos de México: Un día normal

    O que non ocupa titulares é que, máis alá dos mortos e as mentiras, hoxe, un día normal no México lindo, millóns de mexicanos e mexicanas irán traballar onde lles deixen, manifestaránse nas rúas, comerán tacos e gorditas con amigos e familiares, amaranse a ritmo de ranchera, lerán libros e xornais, verán telenovelas ou irán ao cine, aprenderán na escola ou nas prazas e nos parques. E farán todo isto mentres agardan, uns sentados e outros en pé, a que lles devolvan dunha vez o país que lles roubaron.

  • Tecnocracia de signo conservador contra a crise romanesa

    A pesar da onda de frío polar que se abateu sobre Romanía, o descontento popular segue presente en prazas e rúas de Bucarest e outras cidades e algúns comentaristas políticos poñen en dúbida que un gabinete de tecnócratas dereitistas poida dirixir o país até as próximas lexislativas. Unha crónica de Correo Diplomático.

  • Rusia prepárase para o retorno oficial de Putin ao Kremlin

    Este domingo Rusia celebrará eleccións presidenciais nas que por vez primeira elixirase un mandatario para un período de seis anos. O ex presidente e actual primeiro ministro Vladimir Putin lidera comodamente as enquisas e apunta ao seu retorno presidencial ao Kremlin, tras anteriormente ocupar este cargo no período 2000-2008. Porén, estes comicios veñen precedidos pola inédita vaga de protestas cidadáns contra un presunto fraude electoral. Haberá que observar cal será o efecto real destas protestas e se lograrán vertebrarse nunha alternativa política crible no futuro. Crónica do IGADI.

  • Siria: Entre a debilidade dos rebeldes e a ameaza dos islamitas

    O chamado Exército Libre de Siria non tivo éxito no seu intento por enrolar a maioría dos máis de 20.000 militares que desertaron do exército de Bachar Al Assad, que se amosa máis preocupado polos grupos armados islamitas, provintes do movemento sunita radical do Líbano e mais de Libia. Unha crónica de Correo Diplomático.

  • A última oportunidade socialista

    Michel Caubet, empregado de correos e membro do sindicato CGT pensa que «pode que esta sexa a última oportunidade para a esquerda en Francia». Na súa mente pesan os descalabros e os ridículos dos últimos anos pero sobre todo «as políticas de dereita feitas por quen di defender aos traballadores». Na mesma liña amósase Pierre-Paul Gregorio. «A xente agarda un cambio, agora ben, creo que se ese cambio non é palpable e máis ou menos real, coido que o terreo para a chegada da FN estará máis que abonado».