Voltar

Mundo

  • Risas entre a area: Pallasos en Rebeldía no Sahara

    Pallasos en Rebeldía participa no Festival de Cine do Sahara (FISAHARA), que leva case unha década "chegando nos seus avións cargados de soños en forma de celuloide, para romper o muro de silencio e complicidade que España e as institucións europeas levantou en base aos seus intereses económicos con Marrocos". Crónica de Iván Prado dende Tindouf

  • Hollande-Sarkozy: Duelo a morte no plató

    Hollande gaña por puntos un vibrante combate dialéctico no que Sarkozy amosa a súa capacidade oratoria e o manexo dos golpes baixos. Este domingo os e as francesas escollerán Presidente na segunda volta das eleccións.

  • Os Balcáns, vinte anos despois

    Iniciamos a publicación dunha serie de reportaxes sobre os Balcáns, acompañados dunha mostra fotográfica realizada por Javier López Prol, que percorreu Serbia, Bosnia e Kosovo recollendo, coa palabra e a imaxe, a súa impresión sobre un país roto pero que mira o futuro, vinte anos despois do inicio da guerra civil. López Prol editará no futuro esta obra, xa dispoñíble en formato dixital, nunha versión impresa. Galería fotográfica no interior.

  • A loita pola educación pública en Chile continúa

    O movemento estudantil chileno reactívase trala primeira marcha nacional do 2012. Cunha  pacífica e masiva participación, os estudantes volven ás rúas tras oito meses de manifestacións ininterrompidas durante o curso anterior. As demandas a prol dunha educación pública, gratuíta e de calidade gañan forza malia que o Goberno presentase este luns un novo proxecto de financiamento para a educación superior. Dita proposta substitúe o actual Crédito con Aval del Estado (CAE) por un sistema integrado no que o Estado rempraza aos bancos no seu rol de outorgar financiamento.

  • Hollande gaña por puntos un combate que se prevé aínda longo

    As previsións que vaticinaban unha alta abstención non se cumpriron. A participación rozou o 80%, moi cerca da colleitada hai cinco anos. Tampouco as que adiantaban una vitoria clara do candidato socialista Françoise Hollande. E menos as que nin facían sospeitar o resultado obtido finalmente pola Fronte Nacional de Marine Le Pen que, cun 19% de apoios, converteuse onte ademais de na terceira forza máis votada, na grande animadora para unha segunda volta que terá lugar o 6 de maio

  • O final da era Sarkozy?

    Este domingo  Francia celebra a primeira volta das súas eleccións presidenciais nun contexto de atomización política e coa eventual perspectiva dun cambio de goberno. Paralelamente, estes comicios son relevantes para dirimir a actual xeopolítica europea. Un texto do IGADI (www.igadi.org)

  • Eleccións en Francia: a dúbida do terceiro home

    A Front de Gauche apela ao «voto útil» fronte a ultradereita de Marine Le Pen coa intención de acadar máis forza coa que presionar ao Partido Socialista. Hollande camiña paso firme cara a vitoria o domingo, segundo as sondaxes.

  • As torturas da CIA salpican a Polonia

    A existencia dun cárcere secreto da CIA en Polonia, onde foron detidos ilegalmente e torturados presuntos terroristas islamitas, provocou unha tormenta política no país centroeuropeo. O Goberno de centrodereita de Donald Tusk desmentiu até agora as afirmacións do Consello de Europa. Pero en agosto de 2008 a xustiza polaca iniciou unha investigación e en outubro de 2010, a fiscalía revelou que un detido de Guantánamo, o saudita Abd ao Rahim ao Nashiri, fora trasladado a Polonia e detido e interrogado por axentes dos servizos secretos estadounidenses. Unha crónica de Correo Diplomático.