Noticias para non esquecer a loita por Meirás: da mobilización contra o espolio á vitoria xudicial
A ratificación xudicial de Meirás como patrimonio público trae consigo celebración pero tamén apelacións á memoria, da máis histórica a máis recente. Mergullámonos na hemeroteca de Praza para axudar a lembrar
A espera cirúrxica é a maior en tres anos no Sergas, que culpa as folgas e o Goberno de España
A demora media para unha operación sobe ata os 72,8 días; son 5,7 máis que hai un ano e o conselleiro atribúeo aos "paros de facultativos no mes de decembro contra o Estatuto Marco". O incremento dispárase case 20 días na área de Santiago, que eleva o seu total ata 92, a maior demora de Galicia
- Obituario
- Política
Antón Louro, a armadura do PSdeG que gobernou
Falece aos 73 anos quen foi dirixente fundamental na reconstrución do socialismo galego dende 1998, tecendo o proxecto galego para o partido que desembocou na chegada de Touriño á presidencia en 2005
Política Social abre en Burela outro centro para menores migrantes segregado do resto do sistema de protección
A Xunta encomenda á congregación das Rogacionistas unha ducia de prazas para atender estes menores na localidade mariñá e volve culpar o Goberno de España da súa decisión de envialos a instalacións "específicas" só para eles
A Xunta baseou en recortes de prensa a esixencia de matar lobos freada pola Xustiza
O TSXG denegou á Consellería de Medio Ambiente levantar a prohibición cautelar de cazar exemplares desta especie protexida en tres concellos. "Non hai máis corroboración" dun suposto incremento de "avisos por ataques de lobos" que "unha mera referencia a noticias publicadas na prensa", sen unha análise técnica de campo específica por persoal da propia Consellería" di o TSXG no seu auto, que o Fondo para a Protección do Lobo Ibérico celebra como unha "vitoria"
O PP bloquea a investigación sobre Altri e suxire que dimitan Pontón e Besteiro
Os populares impiden a pescuda política sobre as "actuacións da Xunta no proxecto da macrocelulosa" solicitada polo BNG e apoiada polo PSdeG. Pontón esgrime razóns como a necesidade de coñecer o pacto secreto do Goberno galego coa empresa e o voceiro do PP di desexar que "se poida facer pública a documentación" para "acreditar" que nacionalistas e socialistas menten. "Tamén coñece o seu contido?", retruca a líder do Bloque
Gasóleo a 1,80 o litro en Galicia: a guerra dos EUA e Israel contra Irán dispara os combustibles
A suba do gasóleo rolda o 20% nunha semana e o litro de gasolina encareceu uns quince céntimos na media das estacións de servizo galegas. A cotización do petróleo segue á alza, na contorna dos 108 dólares por barril: antes do inicio dos ataques de Trump e Netanyahu roldaba os 70
Besteiro procura unha declaración unánime de "non á guerra" no Parlamento
O secretario xeral do PSdeG propón unha declaración institucional que reclama "o cesamento das hostilidades" tras o ataque dos EUA e Israel a Irán e defende a posición do Goberno de España ao respecto. O texto reclama "respecto ao dereito internacional", expresa "solidariedade coas vítimas civís" e tamén apoia o envío dunha fragata a Chipre "para contribuír á defensa e á estabilidade da zona"
As petroleiras xa fan caixa coa guerra con combustibles un 12% máis caros en Galicia
En apenas unha semana o prezo medio da gasolina aumentou uns dez céntimos por litro nas estacións de servizo galegas e o gasóleo, case vinte. Catro anos despois de medidas como a subvención de 20 céntimos por litro de combustible ou os trens de balde para paliar as consecuencias económicas da invasión rusa en Ucraína, Sánchez avanza que prevé aplicar accións "económicas" ante a posibilidade de que a guerra en Irán sexa "longa"
O Parlamento acredita que o candidato do BNG a 'vicevaledor' vetado polo PP cumpre os requisitos legais
A Mesa da Cámara validou que a proposta do profesor Fernando de Abel como adxunto á Valedora do Pobo se axusta ao marcado na norma na mesma xornada en que o PP anunciou que se dispón a rachar o pacto co Bloque por ser o aspirante dirixente de Adega
O eco galego do "non á guerra" que evoca Sánchez: o país do Nunca Máis que atormentou a Fraga e Feijóo
Hai agora 23 anos a esfera política galega fervía en protestas contar a xestión da catástrofe do Prestige: o clamor subiu uns cantos decibeles cando confluíu coa oposición á participación do Goberno de España na invasión de Iraq. A presión na rúa foi lembrada durante moitos anos como especialmente traumática para o PP, tamén para o círculo dirixente dun Feijóo que agora responde o "non á guerra" de Sánchez con posturas moi semellantes ás dos populares naquel 2003
O comisario europeo de Agricultura cancela a reunión con Pontón prevista para o día en que recibe a Rueda
O gabinete de Christophe Hansen alegou un cambio "inesperado" de axenda ao día seguinte de anunciar a Xunta a recepción ao presidente e escasas horas despois de que o BNG fixese público que se ía celebrar o seu encontro, "confirmado dende o 13 de febreiro". "O cambio inesperado non é outra cousa máis que as presións do PP e da Xunta", coida o equipo da portavoz nacional do Bloque, que mantén en Bruxelas o resto da axenda prevista