Menos atascos nas praias ou golpe a un espazo protexido? Ecoloxistas, contra as obras na Lanzada
A Xunta declarou como proxecto de interese autonómico a ampliación da autovía VG-4.1 e da estrada PO-308 entre os concellos do Grove e Sanxenxo para reducir a conxestión do tráfico no verán. Grupos ambientalistas presentan alegacións contra unha actuación que pode supor unha "grave afectación a un espazo natural de gran valor"
Bicicoruña: a revolución da mobilidade que cambiou unha cidade para sempre
O 2025 rematou con 16.331 persoas dadas de alta no servizo, un 14% máis que o ano anterior, e 1,73 millóns de viaxes (un 29% máis). A expansión da rede de carrís-bici (45 quilómetros) e do número de estacións (79 na actualidade) levou nos últimos tres anos a multiplicar todos os indicadores: os coruñeses e coruñesas empregan de forma cada vez máis masiva a bici para os seus desprazamentos diarios.
Un millón de euros nun trimestre: a taxa turística comeza a dar froitos na Coruña e Santiago
Entre outubro e decembro a recadación roldou os 600.000 euros en Santiago e os 400.000 na Coruña. A pesar das alertas lanzadas polo PP, a posta en marcha do novo tributo non semella afectar ás cifras de visitantes: estes aumentaron de forma importante na cidade herculina e en Compostela, aínda que se reduciron, fixérono en menor medida que en Vigo, aínda sen taxa turística.
Rosa Crujeiras, favorita para ser reitora da USC nunha segunda volta que a enfrontará a Maite Flores
Crujeiras gañou con claridade en todos os sectores, obtendo o 41% dos votos ponderados. Maite Flores (21%) superou por pouco a María José López Couso (21%) e Alba Nogueira recibiu o 15%. O apoio do estudantado foi determinante para darlle a Flores o paso á rolda definitiva, que se celebrará o 11 de marzo.
- Obituario
- Cultura
Morre Alonso Montero, "mestre de mestres"
O intelectual finou en Vigo aos 97 anos de idade. Catedrático da USC e presidente da RAG entre 2013 e 2017, destacou dende os anos 60 con obras de sociolingüistica como O porvir da lingua galega (1968) ou o Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), que alertaban da perda de falantes. Afiliouse en 1962 ao Partido Comunista, unha militancia marxista que nunca abandonou e unha visión de clase que marcou o seu traballo noutras áreas.
A poboación chegada de fóra leva a Galicia a gañar 35.000 habitantes en catro anos
Galicia conta na actualidade con 2.728.315 habitantes, 14 mil máis que hai un ano e 35 mil máis que no comezo de 2022. O 13,2% da poboación galega naceu no estranxeiro e o 7,1% ten nacionalidade estranxeira. As persoas con nacionalidade estranxeira duplicaron o seu número dende o 2019.
O rexistro obrigatorio de pisos turísticos redúceos un 23% e afonda na fenda cos datos da Xunta
O INE limita a 15.236 as vivendas de uso turístico en funcionamento en Galicia, unha cifra obtida a partir da revisión das plataformas de contratación e moi inferior á facilitada polo Goberno galego (32.231). Segundo este indicador, Vigo sería o concello con máis establecementos deste tipo, superando a Sanxenxo.
Volve 'O Gran Camiño': o ciclismo como escaparate internacional dun país
A quinta edición de O Gran Camiño terá lugar entre o 14 e 18 de abril con cinco etapas con final na Coruña, Padrón, Barreiros, Alto de Cabeza de Meda e Santa Trega. “Esta non é unha proba deportiva máis”, destacou na presentación o director da carreira e CEO de EME Sports, Ezequiel Mosquera, que salienta que se trata "dun proxecto de país"
O socialista Seguro, novo presidente de Portugal coa ultradereita no 33% dos votos
Seguro (66,8%) obtivo unha vitoria incontestable, co récord de apoios nunhas eleccións presidenciais. Porén, o líder de Chega, André Ventura, volveu rachar o teito da súa formación e celebrou un resultado que, dixo, o erixe en "líder" do "espaço não socialista". "Os portugueses colocaram-nos no caminho para governar este País", afirmou político de extrema dereita.
- Entrevista | Jaume Franquesa Sector eólico
- Acontece
"O desenvolvemento das renovables debería reducir as diferenzas entre cidade e campo, non aumentalas"
Falamos Jaume Franquesa, profesor na universidade estadounidense de Buffalo, un antropólogo recoñecido polo seu traballo no ámbito da enerxía, o medio ambiente e a política rural en Europa, autor do libro Molinos y gigantes. Esta semana participou no Consello da Cultura Galega na terceira sesión do ciclo “Encontros Temáticos Transversais co Patrimonio Cultural”
Unha terra sen semente: en 326 parroquias non viven xa menores de 16 anos
A maior parte concéntranse en Ourense e Lugo. A Veiga é o que suma un maior número de parroquias sen menores de 16 anos, un total de 16. Ademais, hai tres parroquias nas que toda a súa poboación é maior de 65 anos; trátase de San Fiz do Barón (San Amaro), San Cosme do Vilar (Chandrexa de Queixa) e Santa María de Ambosores (Muras). En 17 parroquias viven 5 persoas ou menos e medio cento teñen un máximo de 10 habitantes.
'360 curvas': unha historia do pasado da Fonsagrada e do presente de todo o rural galego
No ano 1992 a veciñanza da Fonsagrada saíu á rúa a protestar, nunha longa e intensa mobilización coñecida como As Movidas. O documental 360 curvas , dirixido por Alejandro Gándara Porteiro e Ariadna Silva Fernández, recupera esa loita e consegue traela ata o presente e conectala con outras mobilizacións. Falamos con eles