14 anos despois de anular o concurso eólico do bipartito a Xunta indemniza unha empresa con 1,1 millóns que ían a concellos
O Goberno galego suma arredor de catro millóns de euros en indemnizacións a empresas prexudicadas pola súa decisión de 2009, engadindo xuros de demora ás contías a que foi condenada
Portugal suprime peaxes en parte das autovías 14 anos despois e deixa a viaxe entre Galicia e Porto pola costa en 1,25 euros
A Assembleia da República aproba que o vindeiro 1 de xaneiro desapareza o cobro na A24 que comunica Verín con Vila Real e que se suprima en dous treitos da A28 que conecta o Miño e Porto
Cos eólicos que hai entre Muras e Ourol as aves xa teñen "permanentemente un elevado risco de colisión", admite a Xunta
Medio Ambiente denega a instalación doutros dous parques eólicos nesa zona da Mariña polos efectos que están a ter os xa operativos nas aves, problema admitido tamén entre Vimianzo e Noia ou en Coristanco
Entre o 10% e o 15% da poboación galega non valora "positivamente" o turismo no seu concello
O Goberno galego asegura que a futura Estratexia de Turismo de Galicia 2030, cuxa elaboración deixou en mans do clúster do sector, "porá o foco nos residentes e na sustentabilidade"
O PP gaba a "exemplaridade contra a violencia machista" dun condenado por violencia machista ao que recupera como edil
Quen hai un ano ía ser candidato popular na Illa de Arousa deixou o grupo ao facerse pública súa condena en 2011 por golpear na cara e romper un dente a unha ex-parella e agora é reintegrado presentándoo como "persoa intachable"
"Non é moi equitativo culparnos": a defensa do TSXG ante a acusación de demorar eólicos que levan unha década en tramitación
Sucesivos autos do presidente da sala que analiza as autorizacións da Xunta, Francisco Javier Cambón, apoiado polo resto de maxistrados, relativizan as súas suspensións cautelares en comparación cos anos de "espera" administrativa previa
A Xunta lanza un libro sobre o "incalculable valor" da serra do Oribio na que autorizou ilegalmente un parque eólico
Ano e medio despois de que o Tribunal Supremo ratificase a súa actuación ilegal en materia ambiental, o Goberno galego presenta a obra Oribio. A montaña viva e salienta a "personalidade singular e propia" da zona
Un millón de euros en 9 minutos e 9 segundos: novo récord no reparto de axudas da Xunta aos concellos máis rápidos
Remuda completa da cúpula do Sergas tras o cambio de conselleiro
En total o Consello da Xunta aprobou 16 nomeamentos en diversas consellerías que se suman ás mudanzas xa aprobadas a semana pasada
O impacto no Camiño de Santiago impide a ampliación dunha canteira en Melide que xa a solicitara hai 20 anos
O proxecto, a 175 metros do Camiño, "non é compatible coa preservación dos valores culturais da contorna", di a resolución da Consellería de Medio Ambiente
O primeiro treito da AP-9 fai 45 anos coa concesión en cuestión pola UE e beneficios récord para Audasa
O 27 de abril de 1979 abría ao tráfico o treito entre A Coruña e Santiago, seis anos despois de que Franco outorgase por 39 anos unha concesión que despois sería prorrogada varias veces, a última por Aznar e baixo sospeitas de ilegalidade
De Nunca Máis a Angrois, as denuncias en Galicia de Manos Limpias que quedaron en nada
A organización que está tras a denuncia á muller de Pedro Sánchez participou en varias ocasións en casos xudiciais galegos significativos