Pedro Sánchez inclúe a Pilar Cancela no seu "goberno do cambio"

Pilar Cancela intervén na presentación do equipo de Sánchez © PSOE

Pedro Sánchez inclúe a galega Pilar Cancela no seu comité de sabios desta campaña electoral. A deputada galega, presidenta da xestora do PSdeG, foi unha das integrantes do equipo do denominado "goberno do cambio" do candidato do PSOE á presidencia para o 26-X. E ocuparase da área de agricultura, pesca, gandeiría e desenvolvemento rural. 

Cancela ocuparase da área de agricultura, pesca, gandeiría e desenvolvemento rural

Sánchez presentou este domingo en Barcelona os 20 mebros do seu equipo para "o goberno do cambio" no que se estrea Josep Borrel e no que, da anterior campaña, repiten os ex ministros Jordi Sevilla e Ángel Gabilondo. Entre as novedades, o opresidente da Federación de Asociaciones Africanas en Canarias (FAAC), Luc André Diouf, ou a número dous por Madrid ao Congreso, a xuíza Margarita Robles. 

Entre as novidades, ademais de Pilar Cancela, atópanse tamén a alcaldesa de Santa Coloma, Núria Parlon; a deputada autonómica madrileña Ana García D'Atri; ou o deputado andaluz Gregorio Cámara. 

A deputada gaelga apelou á necesidade dun "relevo xeracional" no sector primario e na urxencia de combater o despoboamento

Pilar Cancela, durante a súa intervención na presentación do equipo, destacou a necesidade urxente de impulsar un sectores produtivos que teñen perdido peso no PIB e no emprego en favor doutros sectores, de potenciar un “relevo xeracional” e a incorporación da xente moza “porque sexa un sector que lles resulte atractivo, e non por resignación ou como última saída”, e alertou sobre a urxencia de combater como prioridade “o despoboamento e a crise demográfica” que afectan ao desenvolvemento do rural e do sector pesqueiro.

A que repetirá como cabeza de lista pola Coruña chamou tamén a “converter estes sectores nunha oportunidade” a través dunha política de futuro coas ferramentas da “codecisión e o diálogo social” cun diálogo permanente e permeable con estes sectores. A aposta polo I+D+i e o desenvolvemento sostible, e pola fórmula cooperativa para “aproveitar os recursos, asentar a poboación e crear emprego de calidade e estable”, foron outros dos eixos do seu discurso.

Cancela destacou tamén como “clave” o papel da muller no rural e na pesca, onde se deben levar a cabo políticas "que acaben coa desigualdade no seu papel", e chamou a revisar o equilibrio dos dereitos dos traballadores do mar cos demais traballadores, a facer fincapé na prevención de riscos laborais, a revisar o modelo de afiliación da PAC ou apostar pola agricultura ecolóxica e a acuicultura nuns sectores “que deben xerar riqueza e emprego, porque son un referente non só económico, senón tamén social e cultural en todo o noso territorio”, afirmou.

Pilar Cancela intervén na presentación do equipo de Sánchez © PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.