Podemos afástase da marea galega ao situar as súas siglas como innegociables
Pablo Iglesias reúnese con Anova, EU e as mareas e aposta por que estas forzas conflúan nas listas da súa formación.
O novo currículo galego de Bacharelato forza parte do alumnado a estudar relixión
A regulamentación para adaptar o ensino secundario á Lei Wert obriga o estudantado que escolla determinadas materias específicas a seleccionar Relixión católica como única alternativa para completar a carga horaria que establece a norma.
A Xunta lanza un novo "plan estratéxico" da economía tras fracasar nas previsións do anterior
O Goberno galego presenta a segunda edición do seu Plan Estratéxico e defende que o fai sen ningún indicador concreto porque vai depender da participación cidadá. "Consolida o principio básico de rematar coa improvisación na xestión pública", afirma Feijóo.
A Coruña foi a única cidade galega que aumentou a súa débeda no anterior mandato municipal
O Concello coruñés foi o único no que se incrementou o peso do endebedamento por habitante entre 2011 e 2014 e aumentou en 8 millóns as facturas pendentes de pago antes do 24M. Pontevedra mantívose como cidade con menos débeda e Vigo foi a que máis a reduciu.
Un fondo do Goberno de Malaisia controlará a autoestrada Santiago-Dozón
Bankia e FCC véndenlle a un fondo soberano malaio toda a súa participación en Globalvia, a empresa concesionaria da AP-53.
"O máis grave da nova lei de seguridade xa está conseguido: o medo"
Analizamos a 'lei mordaza' coa axuda de Xermán Varela, coordinador de Xuíces para a Democracia en Galicia, e repasamos os dereitos fundamentais que están afectados pola nova regulamentación, en vigor dende este 1 de xullo.
Galicia volve mirar ao ceo no inicio da temporada de incendios
Tras un 2014 cun bo balance de incendios e cunha climatoloxía favorable o persoal que loita contra o lume volve alertar de falta de medios mentres a Xunta asegura que a poboación "pode estar tranquila".
De Lara atribuélle a Baltar contas falsas, suborno e delito electoral no caso da caixa B do PP
A xuíza do caso Pokémon inicia dilixencias contra o ex líder do PP ourensán e envía aos xulgados de Ourense a investigación do presunto financiamento irregular dos populares nesa provincia.
Por que estaba tan quente a auga do mar esta fin de semana?
O vento e o sol aliáronse nos últimos días para incrementar a temperatura superficial da auga do mar, que nalgunhas zonas chegou a roldar os 20 graos. Coa colaboración de 4gotas.com achegamos unha explicación ao sucedido.
Dez anos coa liberdade de poder casar (ou non)
Este 30 de xuño conmemórase o décimo aniversario da aprobación da reforma do Código Civil que puxo fin á discriminación de quen desexaban poder casar con outra persoa do mesmo sexo. A lei tivo un amplo apoio parlamentario, que o PP e grupos ultraconservadores rexeitaron con dureza.
O PSdeG defende a negociación co BNG nas deputacións: "non é ningunha chantaxe"
O grupo socialista ultima a súa constitución na Deputación de Lugo mentres o alcalde de Becerreá teima en reclamar para si a presidencia como única vía para desbancar o PP. O paso de Martínez ao grupo de non adscritos blindaría os conservadores na presidencia do ente provincial.
A metade da mocidade galega que vive cos pais carece de ingresos
As persoas menores de 24 anos que non marcharon do fogar familiar pero teñen ingresos do traballo reducíronse un 60% en Galicia dende o estourido da crise económica.