Toureiros ofrécense a torear gratis na Coruña para "salvar a festa nacional" e anuncian que hai unha empresa disposta a organizar as touradas. O xornalista taurino Manuel Molés pide "pelexar" para "evitar outra Cataluña" en Galicia.
Fálase
"Que se lle dá de comer a un neno por 0,10 céntimos?". A CIG alerta da calidade do servizo ofrecido pola empresa Freire Chico Airas Catering, á que a Xunta adxudicou o servizo de comida das gardarías da Galiña Azul por realizar unha proposta económica 800.000 euros por debaixo da cifra de 5.690.000 euros que marcaba a Xunta.
A dirección de Navantia non considera necesario o dique flotante de Ferrol. O director de Planificación e Control da empresa cre que o mercado de reparacións ten un crecemento “limitado” e non forma parte das actividades “naturais” dos estaleiros públicos
#ScotlandDecides Feijóo dubida da "oportunidade de facer consultas" como a de Escocia e cuestiona que un referendo coma o de hoxe sexa dabondo para a autodeterminación, porque "a foto dun día concreto" non debera "decidir séculos de historia".
O Concello da Coruña decide esta semana se hai ou non touradas na cidade. Asegura que unha empresa presentouse ao concurso, pero fontes do sector aseguran que non hai oferta ningunha.
Wert admite que o Goberno central non sabe agora que facer coa contrarreforma do aborto e salienta que o proxecto non é só de Ruiz-Gallardón, senón de todo o gabinete de Rajoy. Recólleo El Diario
Aprazado o xuízo contra Alfon pola incomparecencia dos policías que o detiveron. Fiscalía e defensa aceptan adialo para o 25 de novembro.
O PP chama a desvincular o referendo escocés do futuro de Catalunya, que "pertence a España dende que existe"
Unha investigación con participación galega publicada en Nature revoluciona as teorías sobre a orixe dos europeos e europeas. Sinala que os e as poboadoras do continente viñeron de África, Oriente e Siberia, e racha coa teoría máis aceptada de só dúas orixes
Celébrase este xoves o xuízo contra Alfon, o mozo de Vallecas que se enfronta a cinco anos e seis meses de prisión por posesión de explosivos tras ser detido na folga xeral do 14-N. O acusado denuncia unha "montaxe policial" e é apoiado por moreas de colectivos e cidadáns.