O goberno de Lalín promove unha moción para separar a simboloxía e ritos relixiosos da actividade municipal. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
A Alternativa dos Veciños de Oleiros valora concorrer ás eleccións galegas. Recólleo La Opinión de A Coruña
O PP de Santiago pídelle apoio ao PSOE para gobernar a cidade, onde os conservadores son segunda forza. Son declaracións de Agustín Hernández tras as críticas de Caballero ás mareas. O pasado marzo Feijóo gabouse de ofrecerlle a alcaldía da capital galega aos socialistas.
Rivera resucita a proposta de elixir un tecnócrata "independente" para presidir o Goberno de España.
VÍDEO Falece o cantante Prince aos 57 anos. Así recolleu a TVG o seu concerto na Coruña en 1990.
A Federación de Librarías de Galicia ofrecerá dominios .gal a 15 euros para celebrar o Día do Libro. A través dun acordo coa Asociación Puntogal, cada libro mercado o 23 de abril en establecementos da Federación incluirá un marcapáxinas cun código de desconto.
Unidad Editorial, editora de El Mundo, anuncia un novo ERE con 224 despedimentos
Lugo será a sede dos Xogos do Eixo Atlántico no 2017. A proposta da capital lucense, que implica actividades tamén en Monforte e Sarria, foi elixida entre cinco candidaturas. A decisión deuse a coñecer este xoves en Viana do Castelo.
As Mareas en Común inician a recolleita de apoios aos seus principios básicos. Veñen de publicar os textos íntegros na súa web.
Metroscopia publica senllas enquisas de estimación de voto en eleccións xerais na Coruña e Pontevedra. Pequenos descensos para PP e PSOE e ascensos para En Marea e Ciudadanos, que en Pontevedra obtería un escano, que perderían os socialistas.