Alfonso Penela é o gañador do concurso convocado por Xunta e COAG para reformar o vello hospital xeral de Vigo e albergar nel, cun investimento de 25 millóns de euros, todos os xulgados da cidade (54). O arquitecto vigués proponse recuperar a imaxe orixinal en cor branca do que en 1955 foi inaugurado como o segundo edificio máis alto do Estado, con 75 metros. O antigo xeral dispón de 10.000 metros cadrados máis que as actuais instalacións xudiciais de Coia.
Fálase
Falece o poeta Francisco Cortegoso aos 31 anos de idade por mor da enfermidade que padecía. O autor viña de rematar o seu poemario Suicidas, que chegaba hoxe mesmo ás librarías, como vén de lembrar Chan da Pólvora Editora. A editorial está a homenaxear a Cortegoso na súa libraría de Santiago.
O Concello de Santiago comeza a aplicar a nova Renda de Garantía Básica Cidadá coa recolleita de solicitudes. A edil compostelá de Políticas Sociais debullou este mércores a medida, incluída nunha ordenanza que tamén contempla as Prestacións de Rescate Social.
A Mesa censura que a empresa Ferroatlántica non permita formular queixas en galego pero si en español, inglés, francés e chinés.
Unha concentración en Vigo solidarizouse hoxe con Diego, activista para quen a acusación pide 3 anos e medio de cadea tras unha mobilización contra o barco da rotonda de Coia. A Fiscalía desmente a versión policial e solicita a súa libre absolución.
O Constitucional tomba a prohibición das touradas en Catalunya, segundo avanza La Vanguardia. No entanto, o TC afirma que aínda non tomou unha decisión ao respecto.
Como nomeamos as constelacións en galego? O Portal das Palabras achega esta proposta do filólogo Xoaquín Evaristo Cambados
Abel Caballero carga contra a xestora do PSdeG-PSOE, da que di que está "deslexitimada, desautorizada e illada". Afirma que debe "asumir xa as súas responsabilidades e facer fronte ao desastre que creou tanto no partido coma no electorado que nos deu as costas".
O PSOE queda sen tempo para celebrar primarias se hai terceiras eleccións. Javier Fernández pretende prolongar ao máximo a decisión sobre se permiten gobernar a Rajoy ou van a novos comicios
Os acusados da Gürtel fan o derradeiro intento por anular as gravacións que os incriminan. Bárcenas, Correa e Galeote xa o intentaron noutras ocasións, pero o xuíz Pablo Ruz confirmou que eran perfectamente legais