A Comisaria de Transportes da UE, Violeta Bulc, atenderá a vítimas de Angrois esta tarde en Madrid, logo dun acto público co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna. Así llo vén de avanzar a este diario o presidente da Plataforma de Vítimas, Jesús Domínguez, que lle pedirá que a Comisión, como tamén reclama o Parlamento Europeo, lidere unha nova investigación independente do sinistro logo de concluír que a realizada por Fomento non o foi.
Fálase
O Banco Sabadell deposita na Cidade da Cultura os fondos documentais do desaparecido Banco Gallego, que a entidade catalá mercou en 2013 ao FROB en pleno proceso de rescate da desaparecida Novacaixagalicia.
In the same boat regresa a Galicia. Tras a súa presentación en Vigo, o filme de Rudy Gnutti no que participan diversos economistas e persoeiros como José Mujica ou o falecido Zygmunt Bauman chega á sala Numax de Santiago. Nesta entrevista o director da película debulla algunha das súas claves.
A xestora do PSdeG non desbota "cambios" na súa composición. As mudanzas terían que ser aprobadas pola xestora federal, que se reúne este luns en Madrid. Afirmouno Pilar Cancela nunha entrevista coa Cadena SER
O PP convoca un acto na "avenida de los Caídos" da Coruña, inexistente dende hai un ano. O cartel dos populares inclúe unha imaxe de Londres, usa simboloxía semellante á empregada pola Marea Atlántica e alude a unha rúa cuxo nome foi mudado en cumprimento coa Lei de Memoria Histórica.
Pedro Sánchez gañaría as primarias do PSOE, segundo unha enquisa para El Mundo. Obtería máis do 30% dos votos.
Unha moza denuncia que sufriu acoso sexual dun educador no centro de menores Hogar San José de Vigo, investigado xa por malos tratos, destaca Público
Nove de Novembro, 1º filme LGTB en galego, acada o financiamento mínimo para a súa rodaxe: 8.000 euros. A campaña de microfinanciamento na rede remata o vindeiro 15 de marzo e busca agora conseguir outros 5.000 euros para garantir o salario do equipo técnico.
PSA confirma a compra de Opel por 2.200 millóns de euros e crea o número dous da automoción en Europa.
El Diario destaca que Ciudadanos baralla as opcións de "moción de censura ou eleccións" como única saída á situación en Murcia. O Goberno teme que unha posible ruptura con Cs na rexión condicione a aprobación dos orzamentos