Decenas de alertas de servizos de intelixencia estranxeiros como a da Rambla son desbotadas cada ano. Unha reportaxe de Arturo Puente en Catalunya Plural
Fálase
TVE destitúe o director de La 2 Noticias, o espazo informativo da súa segunda canle que conduce Mara Torres, distinguido en diversas ocasións pola súa pluralidade e tratamento da información. Recólleo eldiario.es
Un madeireiro de Campo Lameiro, evacuado tras ser atacado por avespas velutinas. Foi trasladado nun helicóptero medicalizado ao hospital despois de sufrir múltiples picaduras desta especie invasora. Cóntao Pontevedra Viva
A Xunta rescinde un dos novos contratos de bus por non subrogar os traballadores da anterior concesionaria. O Goberno galego, tras reunir a comisión de seguimento do seu novo plan de transporte, di que a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez, que se fixo coa zona da Mariña, non recolleu a 15 traballadores de Arriva adscritos a ese servizo, malia que a subrogación fora unha das melloras obtidas polos sindicatos grazas á folga do pasado xuño. A Xunta estuda aínda se convoca un novo concurso ou adxudica a dedo á anterior concesionaria, como xa fixo con outras tres zonas en Ourense.
Os Mossos detallan a recepción en maio dun aviso "pouco fiable" sobre posibles atentados en Barcelona que compartiron co Estado e que, din, non chegou da CIA nin está ligada ao acontecido o 17 de agosto na Rambla. A Policía catalá e o Goberno da Generalitat responden así á información publicada por El Periódico, que inclúe a recreación dunha "carta da espionaxe estadounidense" a respecto de eventuais ataques.
De Cospedal rifa á oposición no Congreso por forzar a súa comparecencia sobre a celebración do golpe franquista por parte de militares. Cóntao eldiario.es
Catro de cada dez pisos turísticos en Galicia non teñen permiso da Xunta para seren alugados, segundo informa Faro de Vigo
Unións Agrarias alerta da "emerxencia" no agro ourensán polas xeadas, a seca e as sarabiadas e lamenta a "pasividade" da Xunta. Recólleo Campo Galego (Imaxe das Adegas Leive, en Cenlle)
Rajoy rifa aos grupos da esquerda por forzar a súa comparecencia no Congreso e evita referirse á trama Gürtel. O PSOE lamenta que España teña "un presidente baixo sospeita" e Unidos Podemos situouno como "maior responsable político da corrupción" Crónica do debate en eldiario.es
Membros do BNG acceden ao Pazo de Meirás e ocúpano simbolicamente para reivindicar a súa devolución baixo o lema "o pazo é do pobo". Consulta aquí toda a información sobre a mobilización