Unha concentración ante o Parlamento protestou esta mañá contra a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais proposta polo PP, que cualifican de "Lei de Depredación". Unha vintena de colectivos sociais alertan de que a norma prexudicará o rural galego e limitará a capacidade futura de opoñerse a proxectos agresivos para o territorio. Imaxe: @donicela22
