Os líderes independentistas cataláns Jordi Sànchez e Jordi Turull inician no cárcere unha folga de fame indefinida en protesta pola súa situación xudicial. Moncloa responde que teñen garantido un xuízo xusto e “a protección do estado de dereito”. Este sábado Òmnium Cultural distribuíu a primeira imaxe dos políticos cataláns na cadea.
Fálase
O PSdeG homenaxea os seus afiliados con máis de 40 anos de militancia. Os socialistas recoñecen o traballo dos militantes que levan no partido desde 1978 cun acto en Santiago no que participou quen foi presidente do Parlamento Europeo e ministro de Transportes. O secretario xeral, Gonzalo Caballero, vén esforzándose en presentarse como continuador dos proxectos de Laxe e Touriño.
O PSdeG homenaxea os seus afiliados con máis de 40 anos de militancia. Os socialistas recoñecen o traballo dos militantes que levan no partido desde 1978 cun acto en Santiago no que participou quen foi presidente do Parlamento Europeo e ministro de Transportes. O secretario xeral, Gonzalo Caballero, vén esforzándose en presentarse como continuador dos proxectos de Laxe e Touriño.
Este sábado día 1 de decembro é o día mundial da loita contra a sida. Desde 1984 en Galicia morreron xa máis de 3.000 persoas por unha enfermidade que actualmente se contaxia no 90% dos casos por relacións sexuais sen preservativo.
Desde a pasada noite xa non se cobra peaxe na autoestrada A-1 entre Burgos e Euskadi, construída á vez que a AP-9, que segue a subir os seus prezos apelando a “que nada interrompa o pracer de conducir”.
O primeiro ministro de Portugal, António Costa, anuncia ao defender os seus orzamentos para 2019 que “até ao final deste ano pagaremos a totalidade da dívida ao FMI”, 28.000 millóns achegados en 2011 para o rescate financeiro. Farao varios anos antes do previsto, pero dentro de dous anos Portugal terá que comezar a devolver a súa parte do rescate, 52.000 millóns, á Unión Europea.
A Consellería de Sanidade comunica aos sindicatos o detalle da súa oferta pública de emprego deste 2018, con 1.400 prazas, 512 delas de médicos e deles 58 de pediatras de atención primaria. Faino tras rectificar e retirar a súa proposta de pediatras desprazables que cubrisen tanto a atención primaria como a especializada.
Máis de 7.300 persoas votaron no primeiro dos referendos sobre a monarquía organizado nunha universidade española. Máis de 6.100 dos votos optaron pola Repúbica na consulta da Universidad Autónoma de Madrid. As consultas nos campus galegos celebraranse desde a vindeira semana.
Traballadores da planta de Alcoa da Coruña trasladan as súas protestas á factoría de San Cibrao durante a xornada de folga de 24 horas que celebran desde a noite do pasado xoves.
Activistas de Greenpeace escalan a torre da central de Meirama para esixir o seu peche polo seu "impacto no cambio climático e na saúde". Os membros da asociación ecoloxista ascenden os 130 metros con pancartas contra o carbón. Ampliamos aquí a información.