O incremento das temperaturas dispara este mércores o risco de incendio ata alto, moi alto ou extremo en comarcas do interior. Para este xoves prevese que o risco se incremente na práctica totalidade de Galicia.
Fálase
O xuíz Llarena defendeu que Alemaña entregase a Puigdemont a España con cartas de Facenda á Fiscalía que non constan na causa xudicial polo 1-O. Cóntao eldiario.es
Unha vaga de calor deixará temperaturas de ata 42 graos en Galicia entre o xoves e o domingo. Meteogalicia actualiza as súas alertas meteorolóxicas neste espazo.
Vinte e dúas persoas optarán a dirixir RTVE a través do concurso público xa en marcha, entre elas varias históricas profesionais da corporación estatal. Vertele debulla os seus perfís profesionais.
A Consellería de Facenda cita para este martes, día 31, aos sindicatos dos axentes forestais para negociar na véspera da data fixada como inicio da folga indefinida convocada por CIG e UGT. Á cita están convocados ambos sindicatos e tamén CC.OO. e CSI-F.
Pablo Casado endurece o discurso do PP contra a inmigración, afirmando que "non hai papeis para todos" e empregando cifras falsas. Os datos desmenten que o recente pico migratorio se deba a un "efecto chamada" polas últimas decisións do Goberno central.
A APDR colocou lazos verdes polas rúas de Pontevedra para celebrar a fin da concesión a Elnosa para o uso de terreos en dominio público. "Hoxe é o primeiro día dun futuro verde para a Ría", destaca a entidade, que este venres esixiu o remate da actividade da factoría en Lourizán.
A deputada Magdalena Barahona anuncia que abandona o seu escano no Parlamento galego por motivos de saúde. O seu posto será ocupado por Flora Miranda, seguinte nas listas de En Marea pola Coruña
O 83% dos e das habitantes da comarca da Coruña emprega o coche para moverse entre os distintos concellos, mentres que só o 11% utiliza o transporte público, segundo un estudo realizado polo Concello herculino o pasado ano. Case 800.000 coches entran todos os días nas sete cidades galegas e A Coruña é a urbe que suma un maior número de accesos de vehículos privados
Os restos de Manuela Teiga, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino e José María Castelo Mosquera foron entregados este sábado ás súas familias en Val do Dubra. Asasinados en 1949 pola Garda Civil, foron exhumados hai dous anos pola ARMH. A entidade recuperou 53 cadáveres en Galicia dende o ano 2000.