Prisión provisional sen fianza para o primeiro detido pola vaga de incendios. Un xulgado de Xinzo de Limia considérao presunto autor dun delito de incendio forestal de especial gravidade. Fixo unha queima nun terreo familiar dos Blancos e causou un incendio dunha hectárea.
Fálase
O Goberno central responde a Puigdemont, di que "continuará cos trámites previstos no artigo 155" e que o sábado reuirase o Consello de Ministros. Vén de emitir un comunicado.
Puigdemont responde ao segundo requirimento de Rajoy antes de seguir a aplicar o artigo 155. O president asegura que a suspensión da DUI "continúa vixente" e advirte de que o Parlament poderá proceder a votar a declaración de independencia que non votou se o Estado "insiste en impedir o diálogo e continuar a represión".
O Consello Asesor da sanidade pública galega queda formado por 17 homes e 3 mulleres tras a súa última reestruturación, que inclúe un cesamento e catro nomeamentos. O organismo foi estruturado por última vez en 2014 composto por 14 homes e 2 mulleres ao abeiro dunha lei que estipula que a Consellería debe procurar que a súa composición sexa "paritaria de mulleres e homes".
A Xunta terá que decidir se inclúe no ensino unha materia sobre o himno, a bandeira e o Exército español.
O Govern catalán aposta por reactivar a declaración de independencia mentres o Goberno de España valora como seguir despregando o artigo 155 da Constitución
Dimite a ministra de Administración Interna de Portugal tras a vaga de incendios. Constança Urbano esixiu saír para preservar a súa "dignidade pessoal".
Ciudadanos só logra o apoio de UPN na súa proposta para regular o que define como "adoutrinamento" nas escolas catalás
O sector máis duro do PP insta a ilegalizar as opcións electorais independentistas. Cóntao eldiario.es
O Concello de Santiago revela que un home guindou un "artefacto incendiario de fabricación caseira" contra o muro da residencia oficial de Monte Pío durante a pasada noite. O mesmo individuo "provocou danos en dous caixeiros"do Ensanche compostelán, explica o consistorio neste comunicado de condena.