O Concello de Santiago revela que un home guindou un "artefacto incendiario de fabricación caseira" contra o muro da residencia oficial de Monte Pío durante a pasada noite. O mesmo individuo "provocou danos en dous caixeiros"do Ensanche compostelán, explica o consistorio neste comunicado de condena.
Fálase
O PP evita que Feijóo compareza hoxe no pleno do Parlamento para dar conta da xestión da vaga de incendios. A petición foi formulada por En Marea, PSdeG e BNG e suporía unha alteración da orde do día á que os populares votaron "non". No seu lugar, substituíron unha comparecencia prevista para esta tarde da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, por outra da titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez.
DOCUMENTO | Este é o auto co que a xuíza Lamela enviou a prisión incondicional os líderes das asociación soberanistas catalás ANC e Òmnium Cultural.
Prisión sen fianza para os líderes da ANC e de Òmnium Cultural. Jordi Sánchez e Jordi Cuixart entrarán na cadea. A xuíza repróchalles que non utilizasen o seu poder mobilizador para "diluír" as concentracións do 20 de setembro.
#ArdeGalicia Centos de persoas protestan este serán nas concentracións convocadas baixo o lema Lumes nunca máis. Na imaxe, a concentración da Coruña. Berros de "con este Goberno imos ao inferno" altérnanse con mostras de solidariedade coas vítimas dos incendios.
A xuíza deixa en liberdade a Trapero contra o criterio da Fiscalía, que pide cadea provisional para o líder da ANC. O xefe dos Mossos terá que comparecer cada dúas semanas no xulgado e fóiselle retirado o pasaporte.
Non hai de momento ningunha persoa detida pola vaga de incendios. Mentres dende o Goberno galego se apunta ao "terrorismo incendiario" fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirman que non se produciu ningunha detención e dende o Ministerio do Interior especifícase que durante a noite do domingo foron interrogadas dúas persoas pola súa presunta relación cos incendios, pero ficaron en liberdade. (Imaxe: A Brif Laza, este mediodía en Parada de Sil).
O Sergas recomenda non saír á rúa en Ourense a persoas "con enfermidades respiratorias e cardíacas" por mor do fume dos incendios
Facebook vén de habilitar unha páxina de resposta a crises dedicada aos incendios que afectan á área de Vigo. A web, semellante á utilizada en atentados terroristas e catástrofes naturais, permite que as persoas confirmen que se atopan ben e tamén ofrecer ou solicitar axuda
Rajoy anuncia que se despraza a Galicia por mor dos incendios e apela á "coordinación leal para vencer o lume"