Arde no Porriño a planta de tratamento de residuos metálicos Alumisel, no polígono da Granxa. Efectivos dos parques de bombeiros da contorna e tamén chegados dende Valença están a traballar na zona. O 112 non ten constancia polo momento de danos persoais e pide deixar libres as vías de acceso á zona (Imaxe: Deputación de Pontevedra)
Fálase
Pablo Casado ponse a estreitar mans de persoas migrantes en Algeciras poucos días despois de alertar da suposta chegada de "millóns de persoas" e ao tempo advirte contra o "populismo" e a "demagoxia" en asuntos migratorios porque "o noso sistema de benestar non o aguanta todo"
Un novo vídeo do BDRI amosa a balea azul avistada en Fisterra nadando e alimentándose de krill "nestas ricas augas". O instituto internacional con sede no Grove destaca que se trata dunha gravación "abraiante e pouco común", que permite coñecer un pouco máis da "misteriosa vida" deste animal
O pleno da Deputación de Lugo pide á Xunta que declare a avespa velutina como praga. No último ano o 112 recibiu case 25.000 avisos pola presenza de velutinas.
O incremento das temperaturas dispara este mércores o risco de incendio ata alto, moi alto ou extremo en comarcas do interior. Para este xoves prevese que o risco se incremente na práctica totalidade de Galicia.
O xuíz Llarena defendeu que Alemaña entregase a Puigdemont a España con cartas de Facenda á Fiscalía que non constan na causa xudicial polo 1-O. Cóntao eldiario.es
Unha vaga de calor deixará temperaturas de ata 42 graos en Galicia entre o xoves e o domingo. Meteogalicia actualiza as súas alertas meteorolóxicas neste espazo.
Vinte e dúas persoas optarán a dirixir RTVE a través do concurso público xa en marcha, entre elas varias históricas profesionais da corporación estatal. Vertele debulla os seus perfís profesionais.
A Consellería de Facenda cita para este martes, día 31, aos sindicatos dos axentes forestais para negociar na véspera da data fixada como inicio da folga indefinida convocada por CIG e UGT. Á cita están convocados ambos sindicatos e tamén CC.OO. e CSI-F.
Pablo Casado endurece o discurso do PP contra a inmigración, afirmando que "non hai papeis para todos" e empregando cifras falsas. Os datos desmenten que o recente pico migratorio se deba a un "efecto chamada" polas últimas decisións do Goberno central.