Canarias convocará un referendo sobre as prospeccións e ameaza co "divorcio" a España se segue adiante co seu apoio ás explotacións petrolíferas.
Fálase
A maioría dos colexios galegos repetirán os libros de texto malia a Lomce. Os directores din que é máis lóxico cambiar os materiais o vindeiro ano e non con improvisación.
Multa a xornalistas por fotografar o que ocorre en Melilla. Cando menos dous periodistas foron sancionados tras gravar axentes marroquís golpeando inmigrantes.
O Bloque anima a demostrarlle a Merkel a disconformidade cos recortes durante a súa visita a Compostela. O BNG fai un chamamento aos galegos para que amosen o seu rexeitamento ás políticas da troika.
O CD Lugo abre un concurso para elixir o seu himno oficial. Un xurado elixido pola entidade escollerá a mellor proposta.
Adega e a Plataforma Sarriana polo Río convidan a "encher de cor" as árbores do Malecón da vila o vindeiro sábado pola mañá
Hernández salienta que non se prevén protestas durante a visita de Angela Merkel a Santiago porque é unha "cidade de acollida", destaca o alcalde compostelán. Cóntao Galiciaé.
Colectivos feministas e sindicatos rexeitaron esta mañá en Vigo cunha concentración o veto do Sergas a unha traballadora por estar embarazada.
Guanyem Barcelona acada as 30.000 sinaturas que se propuxera para seguir adiante coa plataforma electoral de cara ás municipais de 2015 e anuncia un grande encontro o vindeiro 16 de setembro.
Rajoy, disposto a ilegalizar os gobernos municipais de coalición aínda que non conte co apoio do PSOE, segundo publica este mércores El País na súa primeira páxina.