O que nos deixa o ano: paquete de novas para levarmos a 2017

Dominio Público Praza Pública

Outra listaxe de fin de ano? Efectivamente. O remate do ano é época propicia para o repaso do que deron de si os últimos doce meses, que non foi pouco dende o punto de vista informativo. Os criterios poden ser moitos e nun ano tan intenso xa só a dinámica electoral, preelectoral e postelectoral daría para encher un resumo do sucedido. En Praza.gal optamos por repasarmos o que a nosa audiencia leu máis durante cada mes de 2016 e, coas catro novas máis consultadas nesa ducia de períodos en que dividimos o ano, construírmos este relato final de case medio cento de novas para levarmos cara a 2017.

Cando levabamos poucos días do 2016 que agora remata publicamos a que deu en ser a nova máis lida do ano, a decisión dun concello asturiano de apostar pola oficialidade da lingua galega. Despois viñeron moitas outras: decisións internas dos partidos políticos, música e letras, algunhas despedidas demasiado temperás e, como non, eleccións. Poderían ser, evidentemente, moitas outras as informacións para resumirmos o ano que remata. Seguirémolas buscando no 2017 levando estas nunha maleta de xornalismo da que termen, a ser posible, algunhas mans máis. Feliz 2017!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.