O estadio de Riazor pasará a chamarse Abanca-Riazor dentro da "ampliación do acordo comercial" do club coruñés co banco, que inclúe un crédito para cancelar a débeda con Facenda. Vén de confirmalo o presidente deportivista, Tino Fernández, xunto ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, vinte e catro horas despois de asinar o novo acordo do club co Concello, propietario do estadio.
