Un xulgado de Verín abre unha investigación penal pola morte de catro traballadores desde 2013 nas obras do AVE. Faino tras unha denuncia da CIG, que pediu que se investigasen nove accidentes graves ocorridos os últimos anos. O xulgado pide á inspección de traballo que lle remita copia dos seus expedientes. Desde o inicio dos traballos en 2001 as obras do AVE cobráronse en toda Galicia sete mortos.
Fálase
O político e empresario Pepe Miñones, recoñecido como Republicano de Honra 2018 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Miñones foi membro de Unión Republicano e deputado da Fronte Popular en 1936. Os franquistas arrebatáronlle as súas empresas e asasinárono en decembro de 1936. Unha das súas compañías, Electra Popular Coruñesa, acabaría fusionada con Fábrica de Gas y Electricidade, de Barrié de la Maza, o que acabaría dando lugar a FENOSA.
VÍDEO | "Centos" de golfiños surcan a ría de Arousa. As imaxes foron captadas esta mesma semana polo Bottlenose Dolphin Research Institute, unha entidade especializada no estudo e conservación dos cetáceos. A presenza masiva destes golfiños comúns é "rara" nesta contorna, destacan, e explican que acudiron á ría arousá á procura de alimentación. O pasado outono entidades especializadas xa puxeran o foco na chegada de baleas a rías galegas.
O Supremo cita como imputados para a segunda quincena de febreiro a Rovira, Mas, Anna Gabriel e outros líderes do procés. O xuíz Llarena tomara en decembre a decisión de imputalos por deseñar, orientar, dirixer e controlar os plans para "a creación dun Estado soberano".
O Consello da Xunta aproba a Estratexia de Acción Exterior de Galicia (EGAEX) tras dous anos en elaboración. Praza.gal e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) entrevistaron durante o debate do documento aos responsables da Xunta e dos tres grupos da oposición, pezas que se poden ler nesta sección.
Falece o escritor Isidro Novo aos 66 anos de idade. O autor reivindicaba "a imaxinación como o meu único patrimonio". Nesta entrevista con Praza, de hai poucos meses, debullaba as súas últimas obras.
Obras aínda en marcha obrigan a cortar carrís da ponte de Rande máis dun mes despois da súa inauguración por Rajoy e Feijóo. O pasado sábado veciños de Chapela e Teis esixiron prazos concretos para os traballos aínda pendentes.
A UE mantén o laboratorio europeo de crustáceos e trasládao a Dinamarca, co voto favorable de España. A diferenza do laboratorio de referencia de bivalvos, que eliminou repartindo as súas competencias entre varios países, Copenhague centralizará as funcións. Feijóo anunciou que Galicia optaría ao laboratorio europeo de bivalvos sen facer "ningunha petición" á UE
ERC condiciona a investidura de Puigdemont a que sirva para formar un Goberno e insta a JxCat a definir un plan para a posible suspensión da investidura por parte do Tribunal Constitucional ou unha nova aplicación do artigo 155
ÚLTIMA HORA | Falece Domingos Merino, alcalde da Coruña entre 1979 e 1981. Merino foi o primeiro rexedor democrático coruñés tras a ditadura e tamén o primeiro alcalde nacionalista da cidade. A súa capela ardente abrirá no salón de plenos do Pazo de María Pita o venres das 11:00 ás 16:00. Repasamos aquí o seu perfil humano e político.