O conselleiro de Sanidade nega que se produzan "colapsos" nas urxencias hospitalarias, onde só admite "enlentecemento da atención dos pacientes menos graves", asegurou Vázquez Almuiña nunha entrevista na SER
Fálase
VÍDEO | O PSdeG lucense percorre a deteriorada N-540 que une Lugo e Ourense á altura de Chantada para demostrar os "perigos" desta vía, que acumula anos de fochancas sen arranxar, esixir que Fomento a arranxe.
As protestas en Cataluña pola detención de Puigdemont suman máis de medio cento de feridos e feridas produto das cargas dos Mossos d'Esquadra. O presidente do Parlament, Roger Torrent, pide calma á cidadanía e unidade aos partidos en defensa das liberdades.
Puigdemont pasará a noite no centro penitenciario de Neumünster (Schleswig-Holstein) e declarará este luns ante o xuíz. O Tribunal Superior do land analizará se a entrega a España está legalmente permitida.
Os sindicatos do sector da Xustiza irán este luns a negociar coa Xunta, pero esta "non confirma nin desminte" se os recibirá. Este venres director xeral de Xustiza xa adiantou nunha carta que o Goberno galego non ía facer ningunha nova oferta e que "polo tanto, a nosa comparecencia non tería obxecto".
Masivas manifestacións nos Estados Unidos esixiron este sábado máis controis para as armas de fogo. A March for our lives sumou 800 convocatorias e superou todas as previsións. Máis de 33.000 persoas morren cada ano nos EE.UU. por disparos
A policia alemá detén a Puigdemont na fronteira con Dinamarca. A detención, que tivo lugar ás 11:19 horas da mañá, prodúcese a raíz da euroorde cursada pola xustiza española
O Ministerio de Defensa inicia unha nova poxa en dous dos seus terreos do Campo da Estrada, na Coruña, excluíndo aqueles nos que se atopan os restos das vellas murallas da cidade. "O Ministerio non se pode comportar como unha inmobiliaria", dicía hai dous anos Ricardo Vales (Comisión Aberta en Defensa do Común). "É o momento de que Defensa devolva o espazo aos habitantes da Cidade Vella", sinalaba o arquitecto Xosé Lois Martínez
O manifesto Basta Xa!, promovido por Suso de Toro, Mercedes Queixas, Quico Cadaval, Isabel Risco ou Paulo Carril pide "a liberdade inmediata de todos os presos e presas políticas" en Cataluña. Está apoiado xa polas deputadas e deputado Olalla Rodil, Luís Bará ou Ana Miranda.
Esta madrugada cambia a hora: ás 2 serán as 3 para entrar no horario de verán. O pasado mes de outubro o Parlamento europeo instou a rematar con este cambio bianual, polos desaxustes que provocan na saúde e na economía. O pasado ano o CCG publicou un libro que recollía as análises de catro expertos sobre os beneficios e prexuízos dun hipotético cambio do fuso horario no Estado español, unha proposta que chegou a barallar publicamente o propio Mariano Rajoy