O PSdeG rexistra as listas sen esperar ao resultado dos recursos presentados desde Pontevedra e Ourense. "Comigo non conten", advirte Abel Caballero.
Fálase
Os mozos galegos con traballo cobran un 20% menos que antes da crise. Os maiores de 55 gañan máis do dobre cós máis novos polos 'infraempregos'.
En Marea publica os resultados completos das primarias. Antón Sánchez foi o candidato con máis votos e David Rodríguez, o que tivo maior porcentaxe de apoio
O Consello da Xunta, reunido esta mañá de xeito extraordinario, cesa a 10 altos cargos do PP como requisito para que concorran nas listas electorais. Pouco despois, os populares presentaban a todos os seus candidatos en Santiago.
Alerta amarela por temperaturas por riba dos 36º ao longo do Miño, no interior da Coruña, no sur de Lugo e Valdeorras.
O legado do PP en RTVE: afundimento da audiencia, censura e medo a un novo ERE. Porén, o presidente Rajoy di que lle gustaría que o ente público fose como a BBC.
O PSOE de Pontevedra recorre a lista provincial ao 25-S na que Ferraz introduciu cambios. Caballero considera un ataque a Vigo as modificacións, que introducen a afíns a Leiceaga, entre eles o seu sobriño.
Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso de persoal. Volvemos o luns!
A Xunta cifra en 9.000 as hectáreas queimadas en Galicia polos incendios. Anuncia que hai 41 detidos.
Ciudadanos asume que o seu pacto co PP é menos ambicioso que o de Rivera e Sánchez. Hernando e Girauta asinan as seis condicións que a formación laranxa esixe aos populares para empezar a negociar.