A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica pídelle a Merkel que aproveite a súa viaxe a Compostela para pedir perdón polos crimes da Lexión Cóndor na Guerra Civil española. En El Diario
Fálase
Anova, Amaiur e Podemos comparten obradoiro na universidade de verán de Izquierda Anticapitalista. Martiño Noriega e Lidia Senra participarán en varios foros en Segovia.
Canarias convocará un referendo sobre as prospeccións e ameaza co "divorcio" a España se segue adiante co seu apoio ás explotacións petrolíferas.
A maioría dos colexios galegos repetirán os libros de texto malia a Lomce. Os directores din que é máis lóxico cambiar os materiais o vindeiro ano e non con improvisación.
Multa a xornalistas por fotografar o que ocorre en Melilla. Cando menos dous periodistas foron sancionados tras gravar axentes marroquís golpeando inmigrantes.
O Bloque anima a demostrarlle a Merkel a disconformidade cos recortes durante a súa visita a Compostela. O BNG fai un chamamento aos galegos para que amosen o seu rexeitamento ás políticas da troika.
O CD Lugo abre un concurso para elixir o seu himno oficial. Un xurado elixido pola entidade escollerá a mellor proposta.
Adega e a Plataforma Sarriana polo Río convidan a "encher de cor" as árbores do Malecón da vila o vindeiro sábado pola mañá
Hernández salienta que non se prevén protestas durante a visita de Angela Merkel a Santiago porque é unha "cidade de acollida", destaca o alcalde compostelán. Cóntao Galiciaé.
Colectivos feministas e sindicatos rexeitaron esta mañá en Vigo cunha concentración o veto do Sergas a unha traballadora por estar embarazada.