EU aposta por incluír a BNG, Podemos e movementos sociais en candidaturas de unidade popular para as eleccións municipais de maio, unha "oportunidade histórica para rachar co bipartidismo", destacou Yolanda Díaz. No Consello Político Nacional da formación, celebrado este sábado, presentouse o documento O municipalismo no proceso de unidade popular e rebelión democrática, que inclúe "10 propostas para mudar os concellos galegos".
Fálase
Os servizos de urxencias do Chuvi e do Meixoeiro, en Vigo, volveron vivir unha xornada de "colapso". CIG-Saúde denuncia que a situación é consecuencia do peche de ducias de camas nestes centros. O Sergas explica esta "desocupación" por un descenso de actividade programada durante as festas
O Consello de Ministros autoriza contratar as obras da A-57, que unirá Vilaboa e A Ermida, en Marcón, preto de Pontevedra. Distintos colectivos como a plataforma Salvemos a Fracha ou a SGHN opóñense dende hai meses ao proxecto, por desbaldir cartos públicos e prexudicar o medio.
Karpin busca novos investidores para o seu proxecto inmobiliario no Barrio do Cura, despois de fracasar a entrada dun grupo ruso. A promotora fixou un prazo ata o 7 de xaneiro e se non pecha un novo acordo porá en marcha un plan B para levar adiante o proxecto
UGT, CCOO e Csica chegan a un acordo con Abanca, que suaviza o ERE proposto, que xa non reducirá a xornada laboral duns 800 traballadores. A cambio, os sindicatos aceptan a flexibilidade de horarios solicitada pola entidade e a perda de achegas ao plan de xubilación. A CIG non asinou o acordo, sinalando que estas condicións pactadas non están "xustificadas".
El Diario destaca "Cinco datos que Rajoy agocha no seu discurso sobre a 'recuperación'". O xornal lembra que nesta lexislatura a pobreza aumentou, os ingresos dos fogares diminuíron, hai menos poboación activa e ocupada e a taxa de protección social caeu
O Consello da Xunta aprobou este venres o inicio da tramitación do decreto que desenvolve a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, a norma que abre a porta ao traspaso de pacientes do Sergas á sanidade privada.
A Xunta nomea a Mariano Rajoy embaixador de honra do Camiño de Santiago. Únese así ao rei Felipe VI e a Vicente del Bosque. O Goberno galego destaca o "apoio constante" do actual presidente do Goberno central á ruta xacobea.
A Xunta di que "freou" a caída no uso do galego, malia os malos datos do IGE. A oposición acusa o Goberno de querer a desaparición da lingua propia.
Mariano Rajoy afirma que 2015 será o ano do "despegue económico" e confirma que será candidato á reelección e que non pensa nun adianto dos comicios. O presidente do Goberno négase a responder sobre a situación procesal da infanta Cristina