Os servizos de urxencias do Chuvi e do Meixoeiro, en Vigo, volveron vivir unha xornada de "colapso". CIG-Saúde denuncia que a situación é consecuencia do peche de ducias de camas nestes centros. O Sergas explica esta "desocupación" por un descenso de actividade programada durante as festas
Fálase
O Consello de Ministros autoriza contratar as obras da A-57, que unirá Vilaboa e A Ermida, en Marcón, preto de Pontevedra. Distintos colectivos como a plataforma Salvemos a Fracha ou a SGHN opóñense dende hai meses ao proxecto, por desbaldir cartos públicos e prexudicar o medio.
Karpin busca novos investidores para o seu proxecto inmobiliario no Barrio do Cura, despois de fracasar a entrada dun grupo ruso. A promotora fixou un prazo ata o 7 de xaneiro e se non pecha un novo acordo porá en marcha un plan B para levar adiante o proxecto
UGT, CCOO e Csica chegan a un acordo con Abanca, que suaviza o ERE proposto, que xa non reducirá a xornada laboral duns 800 traballadores. A cambio, os sindicatos aceptan a flexibilidade de horarios solicitada pola entidade e a perda de achegas ao plan de xubilación. A CIG non asinou o acordo, sinalando que estas condicións pactadas non están "xustificadas".
El Diario destaca "Cinco datos que Rajoy agocha no seu discurso sobre a 'recuperación'". O xornal lembra que nesta lexislatura a pobreza aumentou, os ingresos dos fogares diminuíron, hai menos poboación activa e ocupada e a taxa de protección social caeu
O Consello da Xunta aprobou este venres o inicio da tramitación do decreto que desenvolve a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, a norma que abre a porta ao traspaso de pacientes do Sergas á sanidade privada.
A Xunta nomea a Mariano Rajoy embaixador de honra do Camiño de Santiago. Únese así ao rei Felipe VI e a Vicente del Bosque. O Goberno galego destaca o "apoio constante" do actual presidente do Goberno central á ruta xacobea.
A Xunta di que "freou" a caída no uso do galego, malia os malos datos do IGE. A oposición acusa o Goberno de querer a desaparición da lingua propia.
Mariano Rajoy afirma que 2015 será o ano do "despegue económico" e confirma que será candidato á reelección e que non pensa nun adianto dos comicios. O presidente do Goberno négase a responder sobre a situación procesal da infanta Cristina
O Concello da Coruña ten que acollerse ao rescate de Facenda por incumprir o pagamento a provedores. Quedará así sometido ao control do Goberno central.