Un estudo do CSIC detecta en grelos e verzas altos contidos de vitaminas, antioxidantes e compostos anticarcinoxénicos. A investigación detectou que o potencial anticanceríxeno é maior nos grelos cultivados no outono.
Fálase
O Parlamento aproba os Orzamentos de 2015 só cos votos do PP e sen ningunha das máis de 1.200 emendas da oposición.
José Manuel Baltar reitera que demandará o ex xerente do PP de Ourense por declarar ante a xuíza De Lara que o partido se financiou ilicitamente a través de facturas falsas. O subdelegado do Goberno central na provincia, Roberto Castro, di estar "sorprendido" por figurar no auto da xuíza e asegura que non hai factura ningunha ao seu nome.
Rajoy designa o deputado Rafael Hernando como novo voceiro do PP no Congreso. Hernando foi protagonista de múltiples declaracións polémicas nos últimos anos e atribúeselle un intento de agresión a Rubalcaba tras un debate no ano 2005.
A Marea Azul, que se vén mobilizando na defensa dos dereitos do persoal público da Xunta, emprende unha campaña solidaria e comeza realizando unha doazón á Cociña Económica de Santiago
Detidos dous dos presuntos asasinos do afeccionado do Deportivo, segundo adianta El País. Máis de trinta persoas foron arrestadas polos altercados protagonizados hai dúas semanas. Toda a información, hoxe en Praza.
A policía detén 30 membros do Frente Atlético, segundo adianta eldiario.es. Un ultra do Deportivo foi asasinado hai dúas semanas por membros desta peña de ultradereita en Madrid.
O pleno do Parlamento aproba hoxe definitivamente os Orzamentos de 2015 e, pola tarde, a versión recortada da ILP que pretendía garantir os servizos pendentes para o Hospital de Lugo
FACUA-Consumidores en Acción convoca un apagón este mércores ás 19 horas para pedir que o Goberno interveña o sector eléctrico para establecer unha tarifa máis económica sobre a base do custe real, a fin das portas xiratorias entre a política e as grandes eléctricas ou a a prohibición dos cortes de luz por impago no inverno.
Dúas peticións galegas en Change.org, na escolma de vitorias do ano da plataforma. O vídeo, que destaca sete iniciativas que ao longo de 2014 acadaron o seu obxectivo, escolleu a creada pola Asociación Animalista Libera para solicitar o endurecemento das penas por malos tratos animais e a conseguida por Francisco Yépez, que logrou que Vigo teña un servizo de atención para lesionados medulares.