Detidos dous dos presuntos asasinos do afeccionado do Deportivo, segundo adianta El País. Máis de trinta persoas foron arrestadas polos altercados protagonizados hai dúas semanas. Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
A policía detén 30 membros do Frente Atlético, segundo adianta eldiario.es. Un ultra do Deportivo foi asasinado hai dúas semanas por membros desta peña de ultradereita en Madrid.
O pleno do Parlamento aproba hoxe definitivamente os Orzamentos de 2015 e, pola tarde, a versión recortada da ILP que pretendía garantir os servizos pendentes para o Hospital de Lugo
FACUA-Consumidores en Acción convoca un apagón este mércores ás 19 horas para pedir que o Goberno interveña o sector eléctrico para establecer unha tarifa máis económica sobre a base do custe real, a fin das portas xiratorias entre a política e as grandes eléctricas ou a a prohibición dos cortes de luz por impago no inverno.
Dúas peticións galegas en Change.org, na escolma de vitorias do ano da plataforma. O vídeo, que destaca sete iniciativas que ao longo de 2014 acadaron o seu obxectivo, escolleu a creada pola Asociación Animalista Libera para solicitar o endurecemento das penas por malos tratos animais e a conseguida por Francisco Yépez, que logrou que Vigo teña un servizo de atención para lesionados medulares.
Gerard López, empresario luxemburgués con orixe en Riotorto, presentará unha oferta para facerse coas accións do CD Lugo que posúen o Concello e a Deputación Provincial, converténdose no máximo accionista, co 49% do clube.
O Goberno ofrece refinanciar a débeda bancaria das autonomías (algo máis de 56.000 millóns de euros), descartando unha posible quita da débeda autonómica
Caballero afirma que o barco na rotonda de Coia "instalarase", despois de que os veciños e veciñas do barrio conseguisen paralizar a obra unha vez máis. O alcalde de Vigo cualifica a BNG, EU e Anova de "partidos marxinais" e afirma que “conseguiron reunir 150 persoas, as mesmas que para unha voda”
Hoja de Router analiza a creación da cidadanía dixital en Estonia: "Se non confías no teu Goberno, elixe outro: xa te podes facer cidadán dixital"
O Concello de Vigo di nun comunicado que colocar o barco na rotonda de Coia custa "100.000 euros en total". O goberno de Abel Caballero difunde un documento para "demostrar" que "desde que é de titularidade municipal", no 2000, os "gastos xerados" polo barco "se aproximan aos 630.000 euros, dos que o 95% foi gastado por gobernos anteriores".