A conselleira de Medio Rural dille á oposición que cos incendios “non se xoga nin se fai política”. En 2006 Feijóo si pedía “falar de política”.
Fálase
O BNG replica a Feijóo e dille que el é "o caos" fronte á "alternativa" que representa o Bloque e "na que os galegos e galegas poden confiar". Pontón propón incrementar o investimento en I+D+i ata o 2,5% do PIB e unha política coordinada entre Administración, universidade e empresas
En Marea comeza en Lugo a presentación das súas listas. Villares di que son "as do cambio" e dun "espazo de moitas cores, fronte ao negro goberno de Feijóo” e reivindica o seu número 1 por Lugo como forma de "compromiso da marea galega co equilibrio territorial".
Leiceaga pide aos críticos coas listas "mente aberta" e Caballero, "respecto" para os gañadores das eleccións. O PSdeG de Ourense vese "estafado e defraudado".
A deputada Ángela Rodríguez denuncia trato vexatorio no Congreso por parte de policías, xornalistas e persoal da Cámara. Faino no seu perfil de Facebook. "Es de las mareadas, galleguiña", teríanlle dito á membro de En Marea, ao que prohibiran a entrada.
O PSdeG rexistra as listas sen esperar ao resultado dos recursos presentados desde Pontevedra e Ourense. "Comigo non conten", advirte Abel Caballero.
Os mozos galegos con traballo cobran un 20% menos que antes da crise. Os maiores de 55 gañan máis do dobre cós máis novos polos 'infraempregos'.
En Marea publica os resultados completos das primarias. Antón Sánchez foi o candidato con máis votos e David Rodríguez, o que tivo maior porcentaxe de apoio
O Consello da Xunta, reunido esta mañá de xeito extraordinario, cesa a 10 altos cargos do PP como requisito para que concorran nas listas electorais. Pouco despois, os populares presentaban a todos os seus candidatos en Santiago.
Alerta amarela por temperaturas por riba dos 36º ao longo do Miño, no interior da Coruña, no sur de Lugo e Valdeorras.